Saltar ao contido

It Chapter Two

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

It Chapter Two
Ficha técnica
Título orixinalIt Chapter Two
DirectorAndy Muschietti
Produtor
GuiónGary Dauberman
Baseado enIt de Stephen King
Intérpretes
MúsicaBenjamin Wallfisch
FotografíaChecco Varese
MontaxeJason Ballantine
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Duración169 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento79 millóns de dólares[2]
Recadación472,1 millóns de dólares[3][4]
Filme anteriorIt
Na rede
http://www.it-movie.net/
IMDB: tt7349950 Filmaffinity: 610683 Allocine: 208633 Rottentomatoes: m/it_chapter_two Mojo: it2 Allmovie: v693817 Metacritic: movie/it-chapter-two
Facebook: ITChapterTwoMovie Twitter: ITMovieOfficial Editar o valor em Wikidata

It Chapter Two é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Andy Muschietti. É a secuela do filme de 2017 It, e ámbolos dous están baseados na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión foi escrito por Gary Dauberman e a historia está ambientada en 2016, 27 anos despois da historia do primeiro filme. Está protagonizado por Jessica Chastain, James McAvoy, Bill Hader, Isaiah Mustafa, Jay Ryan, James Ransone, Andy Bean e Bill Skarsgård, quen retoma o papel como Pennywise.

As conversas sobre a secuela de It comezaron en febreiro de 2016. En setembro de 2017, New Line Cinema anuniciou o seu lanzamento en setembro de 2019, con Dauberman escribindo o guión e Muschietti como director. A fotografía principal comezou o 19 de xuño de 2018, en Pinewood Toronto Studios e en localizacións en Port Hope, Oshawa e Toronto, rematando o 31 de outubro de 2018. O filme foi producido por New Line Cinema, Double Dream, Vertigo Entertainment e Rideback, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures.

It Chapter Two estreouse nos Os Ánxeles o 26 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de setembro de 2019, en formato 2D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou máis de 472 millóns de dólares en todo o mundo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a actuación e as temáticas, mais criticou a súa duración de case 3 horas e os sustos máis débiles comparando coa súa predecesora.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "It: Chapter Two (15)". British Board of Film Classification. 15 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  2. D'Alessandro, Anthony (8 de setembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "It Chapter Two Stays Afloat With $92M Opening, Still 2nd Best For Horror & September Release – Early Sunday AM Update". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2019. 
  3. IMDb (ed.). "It Chapter Two (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  4. "It Chapter Two (2019)". The Numbers. IMDb. Consultado o 3 de decembro de 2019. 
  5. Schaffstall, Katherine (3 de setembro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "'It: Chapter Two': What the Critics Are Saying". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2019. Consultado o 5 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]