Ismael Falcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ismael Falcón
Ismael Falcón, Celta de Vigo 2009.jpg
Ismael Falcón no 2009 no Trofeo Cidade de Pontevedra.
Información persoal
Nome completo Ismael Gómez Falcón
Nacemento 24 de abril de 1984 (35 anos)
Lugar Cádiz, España
Altura 1,81 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Hércules
Número 25
Carreira xuvenil
UD Gaditana
1998–2001 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2003 Cádiz B
2003–2006 Atlético B 34 (0)
2006–2008 Atlético de Madrid 5 (0)
2007Hércules (cedido) 11 (0)
2008–2011 Celta de Vigo 81 (0)
2011– Hércules 76 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 9 de xuño de 2013.
† Aparicións (Goles)

Ismael Gómez Falcón, nado en Cádiz o 24 de abril de 1984, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Hércules.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Falcón comezou a súa carreira futbolística na Unión Deportiva Gaditana, equipo do que deu o salto ao Cádiz CF con 14 anos para xogar no conxunto cadete. Tras seis anos no submarino amarelo e os dous últimos xogando no equipo B, alternando adestramentos co primeiro equipo ademais de ir convocado en oito ocasións na tempada 2003-04, chegou ao Atlético de Madrid no verán de 2004 para formar parte do persoal do Atlético de Madrid B.

Na tempada 2006-07, Falcón foise cedido por período dun ano ao Hércules CF. Tras acabar contrato co Atlético, fichou polo Celta de Vigo. Na tempada 2008-09, a súa primeira no conxunto celeste, xogou 13 partidos. Nos dous últimos anos consagrouse no equipo, conseguindo o seu posto de gardameta titular, e mesmo converténdose no capitán do mesmo (ao estar lesionado o primeiro capitán, Borja Oubiña).

O 11 de xullo de 2011 anunciouse a súa contratación polo Hércules CF, por dúas tempadas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Falcón se convierte en nuevo portero del Hércules"". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]