Isidoro Cid Rivo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1899 (125 anos) Seixalbo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Lingua | Lingua castelá |
Isidoro Cid Rivo, nado en Seixalbo (Ourense) o 29 de xaneiro de 1899,[1] foi un mestre galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre en Paderne, trasladado a Vigo en 1934. Vencellado ao PCE, foi secretario da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo,[2] secretario da Sociedade de amigos da URSS e secretario do Ateneo de Vigo.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[4] Saíu de Lisboa cara Uruguai xunto coa muller e tres fillas. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar e declarado en rebeldía. En Montevideo traballou na Casa de Galicia como cobrador. Foi secretario da delegación da UGT no Uruguai. Colaborou en España Democrática e posiblemente na audición radial Sempre en Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 16.
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
- ↑ La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República Arquivado 24 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., tese de doutoramento presentada por Manuel Fernández González na USC, 2005.
- ↑ "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.