España Democrática
España Democrática | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Montevideo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
España Democrática foi un periódico editado en Montevideo entre 1937 e 1959.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano del Comité N. Pro Defensa de la República Democrática Española, foi fundado en 1937 por un grupo de españois antifascistas. En 1938, cambiou o subtítulo por Órgano del Comité Nacional de ayuda al pueblo español e despois pasou a subtitularse Por la paz, por la democracia, por la independencia de España. Incluíu colaboracións sobre asuntos galegos.
No número 817, de 31 de maio de 1956, dedicado ao I Congreso da Emigración Galega organizado en Buenos Aires, en xullo daquel ano, publicou o manifesto e o programa da asemblea en lingua galega. Tamén publicou en galego un artigo do mestre exiliado Isidoro Cid Rivo e unha entrevista ao escritor Alfonso Gayoso Frías.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "España Democrática". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.