Isidoro Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isidoro Bugallal Araújo»)
Isidoro Bugallal
Nacemento3 de setembro de 1854
Lugar de nacementoPonteareas
Falecemento14 de abril de 1914
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJosé Ramón Bugallal
FillosJavier Bugallal Pérez de Castro e José Luis Bugallal Marchesi
IrmánsGabino Bugallal e Darío Bugallal Araújo
editar datos en Wikidata ]

Isidoro Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 3 de setembro de 1854 e finado en Madrid o 14 de abril de 1914, foi un avogado, político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz e neto do xornalista Isidoro Araújo. Estudou o bacharelato en Pontevedra e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 trasladouse a Madrid e ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade.

Foi deputado provincial, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1903, 1905, 1907 e 1910 e polo distrito de Ourense nas eleccións de 1914. Colaborou en Faro de Vigo, La Correspondencia Gallega e El Universo e foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega.

Placa en Ponteareas.

Grazas a súa xenerosidade construíuse o edificio das Escolas Graduadas de Ponteareas, que ocupou o Museo Municipal e agora ocupa o Conservatorio Municipal.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con María Pérez de Castro Martínez, filla de Evaristo Pérez de Castro Brito, e foi pai de Javier Bugallal Pérez de Castro. María faleceu en 1892 e Isidro casou en segundas nupcias con Pilar Marchesi Buhigas (1894); deste matrimonio tivo como fillo ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Dos semblanzas de Cánovas, 1898.
  • Suiza española. Paseando por Galicia, 1903.
  • Notas políticas. Antes y después del Desastre, 1908.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]