Darío Bugallal Araújo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de xullo de 1863 Ponteareas |
| Morte | 29 de novembro de 1948 Madrid |
| Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | José Ramón Bugallal |
| Irmáns | Isidoro Bugallal Gabino Bugallal |
Darío Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 23 de xullo de 1863 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1948, foi un notario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Ramón Bugallal Muñoz. Avogado e notario. Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas nas eleccións de 1896 e nas de 1907 e polo distrito de Bande nas eleccións de 1910. Foi senador pola provincia de Ourense (1899, 1900, 1907, 1908, 1909) e senador vitalicio dende 1914. Foi membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Foi conselleiro do Banco Hipotecario de España. Finou en Madrid o 29 de novembro de 1948.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 15 de xullo de 1897 con María del Carmen Yravedra Pérez de la Reguera, e foi pai de María Ana, Luis e Carmen Bugallal Yravedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC, 1-12-1948, p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "BUGALLAL ARAÚJO, Darío". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) I. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 140. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.