Saltar ao contido

Isidoro Asensio Amor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidoro Asensio Amor
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Morte2001 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Actividade
Ocupaciónxeógrafo, xeólogo, farmacéutico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1197978 Dialnet: 7054

Isidoro Asensio Amor, nado en Sevilla o 15 de outubro de 1915 e finado en Madrid o 6 de maio de 2001,[1] foi un xeólogo e investigador español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Farmacia,[2] na rama de Sedimentoloxía, obtendo despois o doutoramento en Xeoloxía e tamén en Xeografía (respectivamente polas universidades Complutense de Madrid, de Estrasburgo e de Leiden). Foi investigador principal no Instituto Lucas Mallada, do CSIC, sendo asemade membro correspondente da Real Academia Española de Farmacia. Boa parte da súa vida tivo relación coa Universidade Complutense de Madrid (1944-1984),[3] dende os seus estudos ata a dirección de teses mesmo despois da súa xubilación.

Foi distinguido coa Medalla Santiago Ramón y Cajal do CSIC.[1]

Estivo sempre vinculado a Galicia, primeiro, a raíz da súa familia materna, e logo, co seu casamento coa ribadense Elena Nistal. Estudou diversos temas relacionados coa xeoloxía, en particular da rasa cantábrica, e a ría de Ribadeo. Os artigos sobre este espazo están dispoñibles na biblioteca pública de Ribadeo.

  1. 1,0 1,1 "Fallece en Madrid a los 85 años el profesor Isidoro Asensio Amor". La Voz de Galicia. 7 de maio de 2001. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  2. "Isidoro Asensio Amor. Académico de Número. Seccion: 6ª - Farmacia". radoctores.es. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  3. "Isidoro Asensio Amor en Dialnet". dialnet.unirioja.es. Consultado o 25 de xaneiro de 2022.