Isabel Tocino
Isabel Tocino | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Isabel Tocino Biscarolasaga |
Nacemento | 9 de marzo de 1949 |
Lugar de nacemento | Santander |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | política, avogada, empresaria e profesora universitaria |
Premios | Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isabel Tocino Biscarolasaga, nada en Santander o 9 de marzo de 1949, é unha avogada, empresaria, profesora universitaria e política española do Partido Popular que ocupou o cargo de ministra de Medio Ambiente entre 1996 e 2000. Ademais, foi deputada no Congreso dos Deputados entre 1986 e 2002 polas circunscricións de Madrid, Cantabria e Toledo. A pesar de deixar a primeira liña política en 2002, foi voceira electa da Xunta Directiva do Partido Popular ata xullo de 2018.[1] Foi contratada por Ence.[2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Isabel Tocino naceu en Cantabria, terceira de sete irmáns. Estudou no colexio das Escravas de Santander e dende pequena estivo ligada ao Opus Dei.[4] Licenciouse en dereito pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Deusto. En 1973 obtivo un doutoramento en dereito nuclear.
A súa primeira experiencia profesional foi na Asociación de Enerxía Nuclear, para a que traballou como experta xurídica entre 1972 e 1976. Foi tamén profesora titular de Dereito Civil na Universidade Complutense durante catorce anos.
Entre na política en 1983, ano en que ingresou en Alianza Popular, entón dirixida por Manuel Fraga. Tres anos despois, obtivo un posto no comité executivo e foille asignada a Secretaría da Área de Condición Feminina do partido. En 1985 foi presidenta nacional da Asociación Democrática Conservadora (ADEC).
Nas eleccións xerais de 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados por Madrid. Un ano máis tarde, trala retirada temporal de Fraga da presidencia do partido, concorreu como vicepresidenta nas listas de Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón fronte á candidatura finalmente vencedora de Antonio Hernández Mancha. Tralo regreso de Fraga á dirección do partido no IX Congreso de Alianza Popular celebrado en xaneiro de 1989, foi elixida para ocupar unha das seis vicepresidencias creadas, encargándose da Área Sectorial. En xullo de 2002 cando renunciou ao seu escano de deputada para dedicarse á empresa privada.
Familia[editar | editar a fonte]
Casou co enxeñeiro de obras públicas José Manuel Bartolomé Gutiérrez, co que tivo sete fillos. Despois de que á súa primoxénita lle diagnosticaran intolerancia ao glute, fundou en 1979 a Asociación Celíaca España, que presidiu ata 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José Manuel Igual, Isabel Tocino, María José Sáenz de Buruaga e Iñigo de la Serna forman parte de la Junta Directiva Nacional".
- ↑ Mera, A. "Portais e portóns xiratorios". Nós Diario. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ Ferreiro, Xacobe. "Así é a relación das portas xiratorias de Ence co PP". Nós Diario. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Isabel Tocino entre los 74 rostros más influyentes del Opus Dei".
- Nados en Santander
- Nados en 1949
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Ministros de España
- Personalidades da política de Cantabria
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Alumnos da Universidade de Deusto