Isabel Fernández Reviriego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Fernández Reviriego
Nome completoIsabel Fernández Reviriego
Nacemento7 de abril de 1979
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Carlos III de Madrid
Ocupacióncompositora, artista gráfica e Produción musical
editar datos en Wikidata ]

Isabel Fernández Reviriego, nada en Bilbao o 7 de abril de 1979[1] é unha música vasca[2], amais de artista gráfica e escritora. Comezou a súa actividade musical en Bilbao co grupo Electrobikinis, seguiu en Madrid con Charades, e agora desenvolve o seu proxecto unipersoal Aries.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa adolescencia comezou a frecuentar o ambiente musical de Getxo, por entón dinámico grazas ao chamado Getxo Sound[3], formándose nesa época unha primeira orientación cara ao punk, o pop, o rock and roll e algunhas correntes da década de 1990.

En 1997 formou o seu primeiro grupo, Electrobikinis —nun principio chamado Electra—. Na banda estaban tamén Miren Iza, quen máis tarde formaría o grupo Tulsa, e Asier Gurruchaga, batería de Zodiacs. Con Electrobikinis gravou un EP e un álbum co selo madrileño Subterfuge Records. Unha das súas cancións, «Boston city girl», foi seleccionada para unha campaña publicitaria a nivel estatal.

En 2001 trasladouse a Madrid, onde estudou Humanidades na Universidade Carlos III. Continuou a súa actividade musical nun novo grupo, Charades. O grupo, con cancións en castelán, foi fraguando gradualmente un estilo pop baseado en harmonías vocais, que acabou por converterse no seu propio selo persoal. Amantes das segundas voces (O seu lema era «Nunca sobran coros»), Charades publicaron tres LP e un EP en nove anos. O selo underground estadounidense Kill Rock Stars incluíu un tema do grupo no compilatorio Tracks and fields (2004), xunto a grupos como Sonic Youth, The Decemberists o Gossip. O seu segundo álbum, En ningún lugar, foi editado en Xapón polo selo Art Union. Actuaron para o blog La Blogoteque e tocaron en festivais estatais, así como en Londres e no SXSW de Texas. O 13 de decembro de 2010 anunciaron que o seu concerto xunto a Los Punsetes, celebrado tres días despois, había ser o último antes de entrar nun hiato que xa sería indefinido.

Despois foi vivir a Vigo, onde continuou a súa produción gráfico-literaria, iniciada en Madrid, con publicacións autoeditadas ou fanzines formados por reflexións sobre música, arte, filosofía, textos breves ensaísticos e autobiográficos, acompañados de deseños propios, frecuentemente collages. Unha selección destes textos, xunto con extractos de entrevistas antigas e material novo, deron forma ao seu primeiro libro, Un rayo ultravioleta, publicado en 2015.

Comezou un novo proxecto musical chamado Aries (o seu signo do zodíaco), cun novo formato sonoro con abundancia de instrumentos electrónicos, pero mantendo a base harmónica e o estilo pop, de gran riqueza melódica. O seu terceiro disco con este proxecto, Adieu or die, publicouse de forma conxunta por La Castanya en España e por K Records en Estados Unidos en abril de 2016, o que propiciou unha xira por Norteamérica.

Colaborou coa serie animada Adventure Time de Cartoon Network, dobrando ao castelán algúns personaxes interpretando cancións, como a Princesa Chicle cantando «La canción de Limoncín» no capítulo «Limoncín, parte 2» (temporada 5, capítulo 51).[4] Tamén colaborou con numerosos artistas e bandas como Delorean, Atom Rhumba ou Jay.

Discografía[editar | editar a fonte]

Electrobinikis[editar | editar a fonte]

  • Satan wears bra (EP, 1999)
  • Electrobikinis (álbum, 2000)

Charades[editar | editar a fonte]

  • The only one (EP, 2004)
  • When shining blue (álbum, 2006)
  • En ningún lugar (álbum, 2008)
  • Revolución solar (álbum, 2010)

Aries[editar | editar a fonte]

  • La magia bruta (álbum, 2012)
  • Mermelada dorada (álbum, 2014)
  • Adieu or die (álbum, 2016)

Libros[editar | editar a fonte]

  • Un rayo ultravioleta (2015)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hurtado, Santi (14 de abril de 2016). "El test de las 5: Aries" (en castelán). AltaFidelidad.org. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  2. "Isabel Fernández Reviriego" (en inglés). Allmusic. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  3. Fernández Reviriego, Isabel (2015). "Piromanía mental musical". Un rayo ultravioleta (en castelán). León: Ediciones Chelsea. ISBN 978-84-944613-2-3. 
  4. Juan Manuel Freire (6 de maio de 2016). "Todos los colores". El Periódico (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]