Isaías Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaías Carrasco
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1966 Editar o valor em Wikidata
Mondragón, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2008 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Mondragón, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Isaías Carrasco Miguel, nado en Arrasate en 1964, e finado ibídem o 7 de marzo de 2008,[1] foi un político social-demócrata vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran orixinarios de Morales de Toro (provincia de Zamora). Traballou no sector da construción e nos seus últimos anos traballou para a empresa Bidelan na peaxe da A1 ó seu paso por Bergara. Militante do Partido Socialista de Euskadi (PSE-EE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT), foi rexedor do concello de Arrasate entre xuño de 2003 e maio de 2007. Formou parte da Comisión Informativa de Desenvolvemento Estratéxico e foi representante do PSE-EE no Consello Sectorial de Medio ambiente. Tamén foi membro da Xunta de Goberno da Comarca de Debagoiena.

O 7 de marzo de 2008, dous días antes das Eleccións Xerais 2008 en España, foi asasinado por Euskadi Ta Askatasuna de tres tiros mentres paseaba polas rúas de Arrasate en compaña da súa muller e da súa filla[2]. Renunciara a levar escolta.

Notas[editar | editar a fonte]