Iris Gey López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | filóloga, escritora |
Iris María Gey López, nada na Coruña en 1983, é unha filóloga, escritora e cantante galega. Actualmente, imparte aulas de lingua e literatura galega no CPI Tomás Terrón Mendaña, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, é profesora de lingua galega e lingua española. Colaborou no Anuario Brigantino. Gañou o primeiro premio de narrativa no certame literario organizado pola UDC no ano 2012 co relato "Nós, os degradados" e o primeiro premio no certame literario na modalidade de narrativa organizado polo concello de Mugardos no 2013 co texto "Cesárea de berro"[1]. Foi accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 2016 co relato "Cranios privilexiados"[2]. Tamén colabora co músico Xoán Curiel como cantante[3][4], co que lanza un disco en 2021, "Treides comigo", sobre a lírica galego-portuguesa, interpretando as cantigas de amigo, amor e escarnio e maldizer de 11 trobadores do Camiño de Santiago desde unha perspectiva moderna, nun estilo "pop medieval".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción. Diario de Ferrol (21/05/2013). Grupo La Capital, ed. "Mugardos falla os seus premios de relatos curtos e o deseño do cartel da Festa do Polbo". Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Miguel Anxo Martínez Oubiña, Premio Modesto R. Figueiredo". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 07 de xaneiro de 2017.
- ↑ Concello de Laxe. Portal cidadán. "IX Solpor Poético e entrega de premios do Certame de Poesía Antón Zapata García". www.concellodelaxe.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Ecuacións - Musicas Intímas - Carral". allevents.in. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-01-08.
- ↑ "Xoán Curiel e Iris Gey, o 23 de decembro en concerto en streaming no Bela Fisterra". Costa da Morte Terra Atlántica. 22 de decembro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2021.