Saltar ao contido

Iriomote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIriomote
(ja-hani) 西表島 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Yaeyama
Illa Amami-Ōshima, Illa Tokunoshima, parte norte da Illa Okinawa e Illa Iriomote Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Yaeyama Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Iriomote-Ishigaki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTaketomi, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 24°20′N 123°49′L / 24.34, 123.81
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións19 (ancho) × 29 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Komi Editar o valor en Wikidata  (469,5 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie289,28 km² Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2021 (44ª Sesión)
Identificador1574-005
Mapa das illas Yaeyama, dentro do arquipélago das illas Ryukyu. No centro, a illa de Iriomote.

Iriomote (en xaponés 西表島 Iriomote-jima; en yaeyama Irimutī; en okinawés Iriumuti) é unha illa xaponesa do arquipélago de Ryukuy, a maior das illas Yaeyama e a segunda máis grande da prefectura de Okinawa, despois da propia illa de Okinawa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa da prefectura de Okinawa.

Suprficie e poboación

[editar | editar a fonte]

A illa ten unha superficie de 289 km², e a súa poboación non alcanza os 2 000 habitantes, polo que a súa densidade é duns 6,9 hab./km².

Situación administrativa

[editar | editar a fonte]

Administrativamente, Iriomote pertence á cidade de Taketomi, na prefectura de Okinawa.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

A súa única infraestrutura é unha estrada costeira que conecta as aldeas do norte e do leste da illa.

Non posúe pista de aterraxe, polo que a maioría dos visitantes (máis de 150 000 en 2003) chegan en transbordador desde a illa de Ishigaki, que si ten aeroporto.

Particularidades da súa fauna

[editar | editar a fonte]

A illa tee unha serpente velenosa, a Trimeresurus elegans, coñecida localmente como habu, cuxa picadura ten unha taxa de mortalidade do 3 %, e unha taxa de incapacidade permanente do 8,6 %.[1]

Outro animal exclusivo da illa é Prionailurus bengalensis iriomotensis, un felino en estado crítico de extinción, do que se calcula que quedan apenas un cento de exemplares, polo que a UICN avalía o seu status por separado do da especie Prionailurus bengalensis na súa Lista vermella, cualificádoo como CR (crítico), porque a súa poboación é moi pequena e está illada.[2]

  1. U.S. Department of the Navy; Bureau of Medicine (1991). Poisonous snakes of the world. New York: Dover Publications. ISBN 0-4862-6629-X. 
  2. Ross, J., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Izawa, M., Loken, B., Lynam, A., McCarthy, J., Mukherjee, S., Phan, C., Rasphone, A. & Wilting, A. (2015): Prionailurus bengalensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de decembro de 2018.