Prionailurus bengalensis iriomotensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prionailurus bengalensis iriomotensis

Exemplar taxidermizado en Toquio.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Prionailurus
Especie: P. iriomotensis
Nome binomial
Prionailurus iriomotensis
(Imaizumi, 1967) [2]
Área de distribución.
Área de distribución.

Sinonimia

Prionailurus bengalensis iriomotensis Imaizumi, 1967 é, para moitos autores, unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, pertencente ao xénero Prionailurus,[3][4][5][2] ou, para outros, unha subespecie de Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792), Prionailurus bengalensis iriomotensis (Imaizumi, 1967),[1] que vive exclusivamente na pequena illa xaponesa de Iriomote.

Atópase en perigo crítico de extinción, segundo a Lista Vermella da IUCN dende 2008, xa que a súa poboación era nese ano de tan só 250 exemplares adultos, e crese que está a minguar.[1] É unha das especies de gato máis ameazadas, cunha poboación estimada en menos de 100 individuos en 2007.[6][7]

En xaponés, é chamado "gato de montaña de Iriomote" (西表山猫 Iriomote-yamaneko?). No dialecto local da lingua yaeyama, coñécese como "o gato da montaña" (ヤママヤー yamamayaa?), "o que brilla na montaña" (ヤマピカリャー yamapikaryaa?), e "o que ten ollos parpadeantes" (メーピスカリャー meepisukaryaa?).[8][9]

Está considerado por algúns biólogos como un fósil vivente, xa que a súa forma actual non difire moito da súa forma primitiva.[Cómpre referencia]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Cando a especie foi descuberta en 1965 por un grupo de rapaces, os zoólogos considerárona como sobrevivente dunha liña extinta de felinos, e foi clasificada no xénero Mayailurus, co nome científico de Mayailurus iriomotensis.[2]

Dous aanos máis tarde foi reclasificada por Imaizumi como unha subespecie de Prionailurus bengalensis,[10] antes de volver a ser elevada, polo mesmo autor, ao nivel de especie no mesmo xénero de Prionailurus bengalensis, Prionailurus.[11]

Esta postura aínda está en discusión, e moitos estudosos afirman que Prionailurus bengalensis iriomotensis debe ser clasificado nunha especie separada, posto que a súa aparencia é moi diferente á de Prionailurus bengalensis.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a etimoloxía do xénero, véxae Prionailurus.

O epíteto específico, iriomotensis, fai referencia á illa onde habita.

Características[editar | editar a fonte]

A súa pelaxe é de cor marrón escura, e posúe unha cola moi poboada. Non pode retraer completamente as súas garras.[7]

Os ollos son duhan cor ámbar clara. O seu nariz é grande e plana, e as súas patas son de 29 a 37 mm de ancho, en contraste cos de 24 a 30 mm das patas dun gato doméstico.[Cómpre referencia]

O cranio é máis longo e máis estreito que o dun gato doméstico. Cando se compara co cranio de Prionailurus bengalensis, Prionailurus bengalensis iriomotensis ten aproximadamente o mesmo tamaño, pero é máis groso. Debido a isto, o seu cerebro é máis pequeno; o cerebro dun Prionailurus bengalensis macho pesa uns 42 g, mentres que o cerebro masculino dun Prionailurus bengalensis iriomotensis pesa uns 30 g.[Cómpre referencia]

Os machos adoitan creceren até os 50 ou 60 cm, e pesan de 3,5 a 5 kg. As femias son máis pequenas, medido entre 50 e 55 cm de longo e pesando de 3 a 3,5 kg. As colas son grosas desde a base até a punta, medindo entre 23 e 24 cm de lonxitude. Os seus pescozos tamén son grosos, e os ombros son musculosos, aínda que a súa capacidade para saltar é comparativamente débil.[Cómpre referencia]

Galería de espécimes disecados, e vídeo dun gato vivo[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Prionailurus bengalensis iriomotensis é endémico da pequena illa de Iriomote, que ten unha superficie duns 290 km². Na illa predominan as montañas baixas, que van desde os 300 até os 460 m de altitude e están poboadas de bosques subtropicais sempre verdes, incluíndo amplas zonas de mangleirais ao longo dos cursos de auga. É o hábitat máis pequeno das especies de felinos salvaxes no mundo.

Estes gatos encóntranse predominantemente nos bosques subtropicais que cobren a illa, a altitudes non superiores aos 200 msnm, e prefiren as zonas achegadas aos ríos, os bordos dos bosques e lugares con baixa humidade.

Galería de imaxes da illa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Izawa, M. & Doi, T. (2015):Iriomote Cat. Prionailurus bengalensis ssp. iriomotensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 6 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Prionailurus iriomotensis no NCBI.
  3. Prionailurus iriomotensis no MSW.
  4. Prionailurus iriomotensis (Imaizumi, 1967) no ITIS.
  5. Prionailurus iriomotensis (Imaizumi, 1967) Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 29 de novembro de 2018. Species 2000.
  6. McNicol, Tony (29 de agosto de 2007). "Rare Japanese Wildcat Edging Closer to Extinction" (en inglés). National Geographic News. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  7. 7,0 7,1 "Iriomote cat" (en inglés). BBC. xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2018. 
  8. 今泉(1994), pp. 8–13, pp. 144-147
  9. 戸川(1972), pp.13–92
  10. Imaizumi, Y. (1966–1967). 琉球, 西表島産の山猫 (新属新種) について [Un novo xénero e especie de gato de Iriomote, islas Ryukyu] (pdf). 哺乳動物学雑誌 (en xaponés) (日本哺乳動物学界) 3: 75–105. ISSN 1884-393X. Consultado o 5 de decembro de 2018. 
  11. Doris H. Wurster-Hill, Teruo Doi, Masako Izawa & Yulti Ono (1987). "Banded chromosome study of the Iriomote cat" (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]