Río Irauadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Irawadi»)
Irauadi
Vista aérea
PaísMyanmar
NacementoGada Qu
Lonxitude2210 km[1]
Conca404 200 km2
Caudal medio15112 m3/s[2]
DesembocaduraMar de Andaman

O río Irauadi, Irrawaddy ou río Ayeyarwady[3] (en birmano ဧရာဝတီမြစ်), do índico revatī "abondoso en riquezas",[4] é un río que flúe de norte a sur a través de Myanmar. É o río máis longo do país e o seu curso de auga máis importante. Orixínase na confluencia dos ríos N'mai e Mali,[5] e percorre un curso relativamente recto cara ao sur ata o delta do Irauadi na rexión Ayeyarwady no mar de Andaman. A súa conca duns 404 200 km² cobre unha gran parte de Myanmar. Ás veces é denominado "a ruta a Mandalay" polo poema de Rudyard Kipling.

Dende o século VI foi empregado para o comercio e o transporte. Polo desenvolvemento dunha cara rede de canais de irrigación, o río foi importante para o imperio británico trala colonización de Birmania. O río continúa a ser vital, e unha considerable cantidade de bens e de tráfico móvese por el. No seu delta prodúcese arroz irrigado polas augas do río.

En 2007, a ditadura militar de Myanmar asinou un acordo para a construción de sete centrais hidroeléctricas para producir un total de 13 360 MW, nos ríos N'mai e Mali, incluída a presa de Myitsone de 3600 MW na confluencia de ambos os ríos. Organizacións ecoloxistas mostraron a súa preocupación polo impacto nos ecosistemas do ríos. Entre os animais potencialmente afectados estarían o vulnerábel Orcaella brevirostris e o Glyphis gangeticus, en perigo crítico.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Non existe unha listaxe completa e precisa de todos os peixes que habitan o río Irauadi, mais en 1996 estimábse que había unhas duascentas especies.[6] En 2008, estimouse que a ecorrexión do Irauadi era o fogar dunhas 119-195 especies de peixes endémicas.[6] No século XXI describíronse novas especies, como o ciprínido Danio htamanthinus en 2016 e o Nemacheilidae Malihkaia aligera en 2017, e probabelmente haxa máis especies sen describir.[7][8]

Ao longo do curso do río Irauadi, distínguense numerosas ecorrexións moi diferentes.

Pontes[editar | editar a fonte]

A ponte Ava preto de Sagaing, reconstruída en 1954

Ata a construción da ponte Ava (Innwa), de estilo cantilever, construído polo goberno colonial británico en 1934, a única forma de cruzar o Irauadi era por transbordador. A ponte foi destruída polo exército británico en retirada durante a segunda guerra mundial e fori reconstruída en 1954 trala independencia birmana e foi a única ponte sobre o Irauadi ata finais do século XX, en que o goberno levou a cabo a construción dunha serie de novas pontes.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Khon Ra, Director, Hydrology Branch, Irrigation Department (21 de setembro de 2011). "Water Quality Management at River Basin in Myanmar" (PDF). Water Environment Partnership in Asia (WEPA) (en inglés). The Republic of the Union of Myanmar Ministry of Agriculture and Irrigation. p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2017. Ayeyarwady River 2210 Km 
  2. "Water Resources of Myanmar". AQUASTAT. Arquivado dende o orixinal o 2010-07-27. Consultado o 2010-09-21. Adding the sections gives Irrawaddy a discharge of 476.9 cubic kilometers per year, which translates to 15,112 m3/s 
  3. "WRITING SYSTEMS: ROMANIZATION Government of the Union of Myanmar Notification 5/89" (PDF). United Nation World Stats Forum. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  4. Ölmez, Mehmet (28 de xuño de 2019). "Etimoloji Sözlükleri Üzerine Kısa Bir Değerlendirme, Tanımı ve r-'li Yabancı Kelimelerin Türkçeye Giriş Yolları". Istanbul University Faculty of Letters Journal of Turkish Language and Literature 59 (1): 121. doi:10.26650/tuded2019-0012. 
  5. Scott, James George (1911). "Irrawaddy". En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica 14 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 839. 
  6. 6,0 6,1 Allen, D.J.; S. Molur; B.A. Daniel, eds. (2010). The Status and Distribution of Freshwater Biodiversity in the Eastern Himalaya. IUCN. pp. 22–23. ISBN 978-2-8317-1324-3. 
  7. Kullander, S.O.; Norén, M. (2017). "Danio htamanthinus (Teleostei: Cyprinidae), a new species of miniature cyprinid fish from the Chindwin River in Myanmar". Zootaxa 4178 (4): 535–546. PMID 27811706. doi:10.11646/zootaxa.4178.4.5. 
  8. Kottelat, M. (2017). "A new genus and three new species of nemacheilid loaches from northern Irrawaddy drainage, Myanmar (Teleostei: Cypriniformes)". Raffles Bulletin of Zoology 65: 80–99. 
  9. ""Big Push" for Sustained Development". Perspective. agosto de 2000. Consultado o 6 de outubro de 2008. [Ligazón morta]
  10. "Roads and Bridges". Union Solidarity and Development Association. 7 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 6 de outubro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]