Irakleia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irakleia
Ηρακλειά
Irakleia Cyclades WW.png
GR Iraklia.PNG
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas36°50′N 25°27′L / 36.833, -25.450Coordenadas: 36°50′N 25°27′L / 36.833, -25.450
Xeografía
Superficie17´795 km²
Punto máis alto419 m.
Demografía
CapitalPanagia
Poboación141 hab. (2011)
Densidade7´9 hab./km²
Lingua propiaGrego

Irakleia ou Heraklia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal.[1] A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.

Descrición[editar | editar a fonte]

Iraklia é a illa máis grande da Cícladas menores. Atópase na parte leste do arquipélago, ao sur de Naxos. A illa ten dous asentamentos, Panagia no centro da illa e Agios Georgios, onde se atopa o porto. Irakleia foi habitada desde a antigüidade temperá. Na illa hai moitas rochas con pinturas misteriosas datadas fai ao redor de 5.000 anos.[2] As pinturas, nomeadas Bousoules (Μπούσουλες), puideron ser utilizadas como marcas de orientación. As ruínas dunha fortaleza que data dos séculos IV-II a.C. atópanse en Livadi na illa.[3] Nos tempos modernos, Iraklia era propiedade do mosteiro Hozoviotissa na veciña illa de Amorgos.[4]

Poboación histórica[editar | editar a fonte]

Ano Poboación
2001 151
2011 141

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Kallikratis law Arquivado 27 de abril de 2017 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
  2. "Σπείρες 5000 ετών από την Ηρακλειά Κυκλάδων". tovima.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  3. "Ηρακλειά". egeonet.gr. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  4. "Που απλώνεται η ακίνητη περιουσία της Ι.Μ. Χοζοβιώτισσας". cycladesvoice.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]