Keros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keros
Κέρος
Keros from Pano Koufonisi.jpg
Cyclades-Satellite.png
Localización da illa
Situación
País Grecia
Arquipélago Cícladas
Mar Mar Exeo
Coordenadas 36°53′N 25°39′L / 36.883, -25.650Coordenadas: 36°53′N 25°39′L / 36.883, -25.650
Xeografía
Superficie 15´042 km²
Longura máxima 6´7 km.
Largura máxima 3´6 km.
Punto máis alto 432 m. Monte Keros
Demografía
Poboación Deshabitada
Lingua propia Grego

Keros (grego: Κέρος) é unha illa grega deshabitada. Pertence ao arquipélago das Cícladas, máis concretamente ás Cícladas menores, e está situada a uns 10 quilómetros ao sueste de Naxos. É unha das Cícladas menores xunto a Irakleia, Schoinoussa, Antikeros, Giaros e Kuofonisi. Administrativamente forma parte da comunidade de Koufonisia.

Trátase dunha illa montañosa, de clima seco, caloroso no verán e amornado no inverno. Ten unha superficie de 15 km² e o seu punto máis elevado é o Monte Keros, de 432 metros sobre o nivel do mar.

Na actualidade a illa atópase deshabitada, aínda que en distintas escavacións atopáronse restos da antiga civilización cicládica que floreceu sobre o ano 2500 a.C. O habitante máis soado da illa foi Athenasagoras. Keros é especialmente coñecida polas estatuas de mármore de face plana que posteriormente inspiraron a Pablo Picasso e Henry Moore. Agora está prohibido desembarcar en Keros.

Cabeza da figura dunha muller, 2700 aC-2300 aC, da cultura Keros

Tesouro de Keros[editar | editar a fonte]

O "Tesouro de Keros" é un depósito moi grande de figuras das Cícladas que se atopan na illa de Keros.

Durante o período 2006-2008, o Proxecto Cambridge Keros, co-dirixido por Colin Renfrew con outros, fixeron escavacións en Kavos na costa oeste da illa.[1] Esta zona en xeral crese que é a orixe do chamado "Tesouro de Keros" de figurillas cicládicas fragmentarias.[2] O material escavado en 2006-2008 inclúe figuritas das Cícladas, vasos e outros obxectos de mármore, todo roto previamente a súa deposición e o máis probable roto noutro lugar e levado a Kavos para tiralo. A falta de unión dos fragmentos demostra que só unha parte do material roto foi depositado aquí, mentres que os estudos en curso da cerámica e outros materiais mostran que o material foi traído desde múltiples fontes para a deixalo aquí.

Músico de arpa de Keros, 2600 adC Museo arqueolóxico nacional, Atenas

En 2007-2008, o mesmo proxecto identificou e escavou un substancial asentamento do período ciclaico na próxima illa de Dhaskalio. Foi escavada unha gran superficie, revelando un edificio sólido de 16 metros de longo e 4 metros de ancho, o máis grande deste período nas Cícladas,dentro do cal descubriuse o "tesouro Dhaskalio" que comprende un cicel, unha machada e unha machada co orificio do eixe de cobre ou bronce. Ademais da escavación, o estudo do illote mostrou que a maior parte da súa superficie un total de 7000 m² foi ocupada durante a Idade do Bronce, facendo de este o sitio máis grande das Cícladas. Estudos especializados de xeomorfoloxía, xeoloxía, petroloxía, petroloxía cerámica, a metalurxia e aspectos medioambientais (restos botánicos e faunísticos, fitolitos) estaban en curso. Non estaban previstos máis traballos de campo antes da publicación final do resultado das tempadas de 2006 a 2008. A publicación deste importante traballo estaba en marcha e esperábase aparecera en catro volumes en 2012 e 2013.

As actividades neste sitio fecháronse no 2750-2300 antes de Cristo, o cal precede a calquera culto dos deuses identificados no Exeo.[3]

Cultura Keros-Syros[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura Keros-Syros.

A cultura Keros-Syros leva o nome de dúas illas das Cícladas, Keros e Syros. Esta cultura floreceu durante o período cedo da civilización cicládicac II (ca 2700-2300 aC). Algúns dos sitios mellor conservados desta cultura atópanse en Ceos e Ios, situadas non lonxe de Keros.

Algúns dos artefactos importantes desta cultura son as chamadas tixolas, vasos circulares pouco profundos ou concos cunha base decorada. O uso de metal estendeuse durante este período.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "The Cambridge Keros Project". Consultado o 2009-01-27. 
  2. "The Keros Hoard: Some Further Discussion". Consultado o 2012-11-15. 
  3. Colin Renfrew, Michael Boyd and Christopher Bronk Ramsey, The oldest maritime sanctuary? Dating the sanctuary at Keros and the Cycladic Early Bronze Age. Antiquity, Vol 86:331, 2012 pp 144-160

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Keros Modificar a ligazón no Wikidata