Saltar ao contido

Iolanda Díaz Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Yolanda Díaz Pérez (Fene 1971), dirixente política galega, membro do Goberno de España.
Modelo:BiografíaIolanda Díaz Gallego
Biografía
Nacemento1934 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Sarria, España Editar o valor en Wikidata


Iolanda Díaz Gallego, nada en Sarria en 1934, é unha activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega no Uruguai e Cataluña.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de estudar na Coruña Peritaxe Mercantil, rematando en 1952, ó ano seguinte trasladouse coa súa nai e irmáns a Montevideo, onde comezou a traballar no Banco de Galicia do que foi secretaria xeral.[1] Na capital uruguaia mantivo unha estreita relación co colectivo de emigrantes e exiliados, colaborou na publicación da Historia de Galicia de Ramón Otero Pedrayo e participou na emisión radial Sempre en Galicia durante 20 anos. Foi unha das fundadoras do Teatro Popular Galego de Montevideo e do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. En 1976 estabeleceuse coa súa familia en Barcelona. Alí participou na creación da Asociación O Penedo[1] e colaborou entre 1973 e 1981 no programa A Nosa Galicia de Radio Miramar e na Radio Galega.

  1. 1,0 1,1 1,2 Lugo, El Progreso de (2023-11-22). "La sarriana Yolanda Díaz Gallego escribe un libro sobre el activismo gallego en Uruguay". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]