Invasións xaponesas de Corea (1592 - 1598)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Invasións xaponesas de Corea
WakouLandingColor.jpg
Xaponeses desembarcando en Busan.
Data 15921598
Lugar Península de Corea
Resultado Vitoria de Corea e a China.
Belixerantes
Dinastía Joseon Corea baixo a dinastía Joseon
China baixo a Dinastía Ming,
Yurchen Jianzhou
Xapón baixo as ordes de Toyotomi Hideyoshi Xapón baixo as ordes de Toyotomi Hideyoshi
Líderes
Corea

Rei Seonjo
Príncip Gwanghae
Yi Sun-sin†,
Gwon Yul
Yu Seong-ryong
Yi Eok-gi
Won Gyun
Kim Myeong-won
Yi Il
Sin Rip
Gwak Jae-u
Kim Si-min
China
Li Rusong(pr.)
Li Rubai
Ma Gui (pr.)
Qian Shi-zhen
Ren Ziqiang
Yang Yuan
Zhang Shijue
Chen LinChen Lin

Xapón

Toyotomi Hideyoshi
Katō Kiyomasa
Konishi Yukinaga
Kuroda Nagamasa
Tōdō Takatora
Katō Yoshiaki
Mōri Terumoto
Ukita Hideie
Kuki Yoshitaka
Sō Yoshitoshi
Kobayakawa Takakage
Wakizaka Yasuharu
Shimazu Yoshihiro
Kurushima Michifusa

Forzas en combate
Corea

84 500 soldados do exército
(ó comezo)
polo menos 22 600 voluntarios coreanos e insurxentes
China
(1592–1593)
máis de 43 000[1] (1597–1598)
100 000[2]

Xapón

(1592–1593)
Entre 160 000-235 000
(1597–1598)
Preto de 140 000

Baixas
Corea

total de militares: 300 000[3]
China
total de militares 30 000[4][5]

Xapón

total de militares 130 000

As invasións xaponesas de Corea foron un confliteo bélico desenvolvido entre 1592 e 1598 no que se viron implicados tres países asiáticos: o Xapón, a China e Corea. O rexente xaponés Toyotomi Hideyoshi,[6] un dos «grandes pacificadores do Xapón»,[7] decidiu conquistar a China,[8] motivo polo cal pediu a asistencia da dinastía Joseon, así como o libre tránsito a través da península de Corea.[9] Como Corea era un país vasalo da dinastía Ming, a petición foi rexeitada. Hideyoshi comezou a preparar as tropas e convocou os diferentes daimios (señores feudais) para a invasión do país, a cal comenzou en 1592.[10]

Despois dun rápido e eficaz avance das tropas xaponesas polo territorio coreano, a brillante campaña naval do almirante coreano Yi atallar a subministración de recursos dos invasores, feito que lles obrigou a deterse. A milicia coreana, xunto coa intervención do exército chinés, obrigou ó goberno xaponés a estabelecer relacións de paz coa China en 1593. Despois que as peticións de Hideyoshi foron denegadas, a guerra entrou nunha nova fase en 1597, cando se retomaron as hostilidades.[11] O conflito culminou finalmente en 1598 coa retirada total das tropas invasores despois da morte de Hideyoshi.[12]

Malia que xeralmente se consideran como dúas invasións illadas, en realidade tamén houbo presenza xaponesa durante o lapso entre estas dúas invasións masivas,[13] motivo polo cal algúns historiadores consideran o confliteo como unha soa guerra.[13]

Este acontecemento foi o primeiro en Asia que involucrou exércitos cun elevado número de soldados levando armas modernas[14] e representou un severo dano para Corea. Este país padeceu unha perda do 66% nas súas terras cultivables[15] e a extracción de artesáns e académicos que foron levados en contra da súa vontade ó Xapón, minguando o desenvolvemento científico no país.[16] Outra perda importante tivo lugar no eido histórico e cultural, xa que moitos rexistros foron queimados xunto con diversos pazos imperiais en Seúl. China viu minguadas as súas finanzas e, por mor disto, a dinastía Ming quedou significativamente diminuída. Isto facilitaría o ascenso ó poder da dinastía Qing.[17]

Este conflito armado é coñecido por diversos nomes, entre eles: Invasión de Hideyoshi de Corea, Guerra dos sete anos, Guerra Renchen para defender a nación ou Guerra Imjin. O enfrontamento recibe este dous últimos nomes polo feito de que se desenvolveu durante o ano coñecido como Renchen ou Imjin do cicle sexaxenario da China e Corea respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Turnbull, 2002:140.
  2. Turnbull, 2002:217.
  3. White, Matthew. "Selected Death Tolls for Wars, Massacres and Atrocities Before the 20th Century" (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2008. 
  4. Turnbull, 2002:221.
  5. Turnbull, 2002:230.
  6. Por mor da súa orixe humilde, Hideyoshi nunca puido ser chamado shōgun e, en troques, conformouse co título menor de kanpaku (rexente).
  7. Segundo a tradición existiron «Tres grandes unificadores do Xapón»: Oda Nobunaga o primeiro, Toyotomi Hideyoshi o segundo e Tokugawa Ieyasu o terceiro e derradeiro.
  8. Turnbull, 2002:30.
  9. Turnbull, 2002:37-38.
  10. Turnbull, 2002:48.
  11. Turnbull, 2002:182.
  12. Turnbull, 2002:226.
  13. 13,0 13,1 Turnbull, 2002:8.
  14. Swope. 2005:13.
  15. Office of the Prime Minister (ed.). "Early Joseon Period (en web.archive.com)". History. Consultado o 21 de outubro de 2008. 
  16. Kim, 1998:55.
  17. Strauss, 2005:21.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alagappa, Muthiah. "Asian Security Order: Instrumental and Normative Features", Stanford University Press, 2003. ISBN 0-8047-4629-X
  • Arano, Yasunori. "The Formation of a Japanocentric World Order." International Journal of Asian Studies 2:2 (2005).
  • Brown, Delmer M. "The Impact of Firearms on Japanese Warfare, 1543-1598", The Far Eastern Quarterly Maio 1948 (Volume 7, Número 3: paxs. 236-253), Association for Asian Studies.
  • Eikenberry, Karl W. "The Imjin War." Military Review 68:2 (febreiro de 1988), paxs. 74–82.
  • Gaskin, Carol; Vince Hawkins, Juan Antonio Cebrian (2005). Breve historia de los samuráis. Nowtilus S.L.. ISBN 84-9763-140-4.
  • Ha, Tae-hung, tr., and Sohn Pow-key, ed. Nanjung Ilgi: War Diary of Admiral Yi Sun-sin. Seoul: Yonsei University Press, 1977, ISBN 89-7141-018-3.
  • Hawley, Samuel, The Imjin War, The Royal Asiatic Society, Korea Branch/UC Berkeley Press, 2005, ISBN 89-954424-2-5.
  • Jang, Pyun-soon. Noon-eu-ro Bo-nen Han-gook-yauk-sa 5: Gor-yeo Si-dae (눈으로 보는 한국역사 5: 고려시대), Park Doo-ui, Bae Keum-ram, Yi Sang-mi, Kim Ho-hyun, Kim Pyung-sook, et al., Joog-ang Gyo-yook-yaun-goo-won. 30 de outubro de 1998. Seúl, Corea.
  • Jones, Geo H. "The Japanese Invasion of Korea - 1592", The China Review, or notes & queries on the Far East, 1899 (Volume 23, Números 4-5: paxs. 215-219, pp. 239-254), China Mail Office.
  • Kim, Ki-chung. "Resistance, Abduction, and Survival: The Documentary Literature of the Imjin War (1592–1598)." Korean Culture 20:3 (outono de 1999), paxs. 20–29.
  • Kim, Yung-sik. "Problems and Possibilities in the Study of the History of Korean Science". Osiris, 2nd Series, Vol. 13, Beyond Joseph Needham: Science, Technology, and Medicine in East and Southeast Asia. (1998), paxs. 48-79. JSTOR
  • 桑田忠親 [Kuwata, Tadachika], ed. 舊參謀本部編纂, [Kyu Sanbo Honbu], 朝鮮の役 [Chousen no Eki] (日本の戰史 [Nihon no Senshi] Vol. 5), 1965.
  • Neves, Jaime Ramalhete. "The Portuguese in the Im-Jim War?" Review of Culture 18 (1994), paxs. 20–24.
  • Niderost, Eric. “Turtleboat Destiny: The Imjin War and Yi Sun Shin.” Military Heritage 2:6 (xuño de2001), paxs. 50–59 & 89.
  • Niderost, Eric. "The Miracle at Myongnyang, 1597." Osprey Military Journal 4:1 (xaneiro de 2002), paxs. 44–50.
  • Park, Yune-hee. Admiral Yi Sun-shin and His Turtleboat Armada: A Comprehensive Account of the Resistance of Korea to the 16th Century Japanese Invasion. Seoul: Shinsaeng Press, 1973.
  • Pratt, Keith, Richard Rutt, James Hoare. "Korea: A Historical and Cultural Dictionary". Routledge, 1999. ISBN 0-7007-0464-7.
  • Rockstein, Edward D., Ph.D. Strategic And Operational Aspects of Japan's Invasions of Korea 1592-1598, 10 de xuño de 1993. Naval War College, Newport, R.I.
  • Sadler, A.L. "The Naval Campaign in the Korean War of Hideyoshi (1592–1598)." Transactions of the Asiatic Society of Japan Second Series, 14 (xuño de 1937), paxs. 179–208.
  • Sansom, George. A History of Japan 1334-1615, Stanford University Press. (1961) ISBN 0-8047-0525-9.
  • Sohn, Pow-key. "Early Korean Painting", Journal of American Oriental Society, Vol. 79, No. 2. (abril - xuño de 1959), paxs. 96-103. JSTOR.
  • 曽根田憲三 [Soneda Kenzō], ed. ベレ出版 [Beret Co.], シンプルな英語で日本を紹介する [Introducing Japan in simple english], 2006.ISBN 4-86064-137-X.
  • Stramigioli, Giuliana. "Hideyoshi's Expansionist Policy on the Asiatic Mainland." Transactions of the Asiatic Society of Japan Third Series, 3 (decembro de 1954), paxs. 74–116.
  • Strauss, Barry. "Korea's Legendary General", MHQ: The Quarterly Journal of Military History Summer 2005 (Volume 17, Número 4: paxs. 52-61).
  • Swope, Kenneth M. "Beyond Turtleboats: Siege Accounts from Hideyoshi's Second Invasion of Korea, 1597-1598", Sungkyun Journal of East Asian Studies (Vol. 6, No. 2. 2006 Academy of East Asian Studies. paxs. 177-206)
  • Swope, Kenneth M. "Crouching Tigers, Secret Weapons: Military Technology Employed During the Sino-Japanese-Korean War, 1592-1598", The Journal of Military History pax. 69 (xaneiro de 2005): paxs. 11-42. (C) Society for Military History.
  • Swope, Kenneth M. "Deceit, Disguise, and Dependence: China, Japan, and the Future of the Tributary System, 1592-1596". The International History Review, XXIV. 4: decembro de 2002, paxs. 57-1008.
  • Turnbull, Stephen. Samurai Invasion: Japan’s Korean War 1592–98. Londres: Cassell & Co, 2002, ISBN 0-304-35948-3.
  • Turnbull, Stephen. 'The Samurai Sourcebook'. Londres: Cassell & Co. 1998. ISBN 1-85409-523-4.
  • Turnbull, Stephen. Samuráis, La Historia de los Grandes Guerreros de Japón. Libsa. 2006. ISBN 84-662-1229-9.
  • Villiers, John. "SILK AND SILVER: MACAU, MANILA AND TRADE IN THE CHINA SEAS IN THE SIXTEENTH CENTURY" (A lecture delivered to the Hong Kong Branch of the Royal Asiatic Society at the Hong Kong Club. 10 de xuño de 1980). The HKUL Digital Initiatives
  • Yi, Min-Woong [이민웅], Imjin Wae-ran Haejeonsa: The Naval Battles of the Imjin War [임진왜란 해전사], Chongoram Media [청어람미디어], 2004, ISBN 89-89722-49-7.