Interkosmos 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interkosmos 6
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento7 de abril de 1972, 10:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVoskhod[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Duración da misión4 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera, a atmosfera superior terrestre, os raios cósmicos e os meteoroides.[2]
Decaemento11 de abril de 1972[1]
NSSDC ID1972-027A
Masa1825 kg[7]

Interkosmos 6 (Интеркосмос 6 en ruso), tamén denominado Energia 1 ou Energiya 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 7 de abril de 1972 mediante un foguete Voskhod desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][8][9][10]

Características[editar | editar a fonte]

Interkosmos 6 foi o primeiro membro (de dous, sendo o outro o Kosmos 1026) da serie de satélites Energiya, adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre e dos raios cósmicos e os meteoroides no espazo próximo á Terra. Estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países.[2]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 256 km de apoxeo e 203 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 89,8 minutos. Reentrou na atmosfera de maneira controlada o 11 de abril de 1972.[1][2][7]

Interkosmos 6 foi o primeiro da segunda xeración de satélites Interkosmos, sendo máis grande e pesado que os seus predecesores, cunha masa de 1825 kg, dos cales 1044 eran carga científica. O instrumento principal era un calorímetro de ionización (denominado BFB-C) construído en colaboración con Hungría, Polonia, Checoslovaquia e Romanía. Outro equipamento incluía unha emulsión fotográfica multicapa de bromuro de prata para a detección e seguimento de raios cósmicos, así como instrumentación electrónica para levar a cabo a mesma tarefa. A emulsión foi revelada fotoquimicamente, unha vez regresado a terra o satélite, polo Instituto Conxunto de Investigación Nuclear de Dubna e posta a disposición dos científicos dos países participantes no desenvolvemento da instrumentación.[2][11][12]

As tarefas de Interkosmos 6 incluíron:

  • Medición raios cósmicos con enerxías de entre 1012 e 1013 eV.
  • Medir a composición química e o espectro da radiación de alta enerxía no espazo.
  • Medir as propiedades dos meteoroides no espazo próximo á Terra.

O deseño do satélite estaba baseado no das cápsulas Vostok e regresou á Terra tras catro días de misión, devolvendo sans e salvos algúns instrumentos e rexistros para o seu estudo.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 6" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 19 May 1972 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (72-11569). 1 de xuño de 1972: 3. A/AC.105/INF.251. Consultado o 15 de setembro de 2019. [Ligazón morta]
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Energiya 1, 2" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 "INTERCOSMOS 6 DETAILS" (PDF). 6 de xullo de 1972: 31. FLIGHT International. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "Energia" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  8. "SPACECRAFT SCOREBOARD 1972 - PART ONE" (PDF). 20 de xullo de 1972: 105. FLIGHT International. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  9. "Craft Launched" (PDF). 8 de abril de 1972: 3A. The Victoria Advocate. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  10. "NEW ORBIT FOR INTERCOSMOS 6" (PDF). 20 de abril de 1972: 560. FLIGHT International. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  11. V. S. Vereshchetin (1974). "1". SPACE; COOPERATION; LAW (Kosmos, Sotrudnichestvo, Pravo) (PDF). pp. 22–23. 
  12. Brian Harvey, Olga Zakutnyaya (2011). "2 Deepening our understanding". En Springer. Russian Space Probes: Scientific Discoveries and Future Missions. pp. 127–129. 978-1-4419-8149-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]