Kosmos 1026

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kosmos 1026
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento2 de xullo de 1978, 9:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Duración da misión4 días[1]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera, a atmosfera superior terrestre, os raios cósmicos e os meteoroides.[2]
Decaemento6 de xullo de 1978[1]
NSSDC ID1978-069A
Masa5500 kg[6]

Kosmos 1026 (Космос 1026 en ruso), tamén denominado Energia 2 ou Energiya 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 2 de xullo de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 1026 foi o segundo membro (de dous, sendo o outro o Interkosmos 6) da serie de satélites Energiya, adicado ó estudo da magnetosfera e a atmosfera superior terrestre e dos raios cósmicos e os meteoroides no espazo próximo á Terra.[2][6]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 261 km de apoxeo e 209 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 51,8 graos e un período de 89,0 minutos. Reentrou na atmosfera de maneira controlada o 6 de xullo de 1978.[1][2][6]

O deseño do satélite estaba baseado no das cápsulas Vostok e regresou á Terra tras catro días de misión, devolvendo sans e salvos algúns instrumentos e rexistros para o seu estudo.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Cosmos 1026" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 1026" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 19 December 1978 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (79-00438). 3 de xaneiro de 1979: 2. ST/SG/SER.E/015. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 1026" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Energiya 1, 2" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Energia" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]