Instrumento óptico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microscopio óptico composto de 1751.

Un instrumento óptico é un instrumento que sirve para formar unha imaxe dun obxecto, mellorándoa para a súa visualización, ou para analizar as ondas de luz para determinar as súas propiedades características.

Xeralmente está constituído pola asociación de varios sistemas ópticos (por exemplo, obxectivo e ocular).

Os primeiros instrumentos ópticos foron os telescopios, utilizados para a magnificación de imaxes de obxectos moi distantes, e os microscopios, utilizados para magnificar imaxes de obxectos moi pequenos. Desde os días de Galileo e van Leeuwenhoek, estes instrumentos foron moi mellorados e se estenderon a outros rangos do espectro electromagnético.

De maneira máis xeral, chámase instrumento óptico calquera instrumento que utiliza a óptica no seu funcionamento.

Tipos de instrumento ópticos[editar | editar a fonte]

Segundo o tipo de imaxe formada, os instrumentos ópticos poden clasificarse en dous grupos:

O ollo é un instrumento óptico que forma unha imaxe real dos obxectos na retina.

Segundo as finalidades do seu uso, os instrumentos ópticos poden clasificarse así mesmo en dous grupos:

Véxase tamén: Instrumento de medida.

Outros instrumentos ópticos[editar | editar a fonte]

Outra clase de instrumentos ópticos son os utilizados para analizar as propiedades da luz ou de materiais ópticos. Entre eles se inclúen:

E outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instrumentos ópticos