Instituto de Estudios Gallegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Non confundir co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Fernando Martínez Morás, secretario do IEG.

O Instituto de Estudios Gallegos foi unha institución cultural creada na Coruña en 1918 por Manuel Casás Fernández. Tiña carácter rexionalista, e xurdiu como contrapunto ás Irmandades da Fala[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu presidente foi propio Casás, e o secretario era Fernando Martínez Morás. A principal realización do organismo foi a organización dun Congreso de Estudios Gallegos que se celebrou na Coruña en agosto de 1919. Outra realización do Instituto foi a creación da Biblioteca Concepción Arenal[2] en 1924[3].

En xuño 1931 o Instituto elaborou as Bases para un anteproyecto de Estatuto Político de Galicia, que consistía nunha folla asinada por Manuel Casás e Fernando Martínez Morás con 18 artigos e unha disposición transitoria, que se inserían nunha traxectoria rexionalista[4] sen considerar tan só a oficialidade plena da lingua galega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé A. Fraga "A Ciencia no Congreso de Estudios Gallegos de 1919 e posteriores itinerarios institucionais". La Opinión, 24 de abril de 2016
  2. Biografía de Manuel Casás na RAG
  3. Biblioteca Concepción Arenal no Almanaque das Irmandades
  4. Antón M. Pazos (2012) Xuntos por Galicia: A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia, Santiago de Compostela:Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento-CSIC, p. 20