Luis García Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis García Montero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Granada (España) Editar o valor em Wikidata
Q55658125 Traducir
2018 –
← Juan Manuel Bonet Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, Literatura da Espanha (pt) Traducir e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor , profesor universitario , crítico literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Granada
Instituto Cervantes Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enRafael Alberti Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
MovementoQ3214158 Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJuan Carlos Rodríguez Gómez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua vietnamita e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJuan Carlos Abril (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlmudena Grandes (1996–2021), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webluisgarciamontero.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: lgm_com Dialnet: 158989 Musicbrainz: 7bc1dc26-b420-46b8-922d-ed01389016f0 Editar o valor em Wikidata

Luis García Montero, nado en Granada o 4 de decembro de 1958, é un poeta e crítico literario español, ensaísta, catedrático de Literatura Española na Universidade de Granada.[1] Pertence á xeración dos oitenta ou postnovísimos dentro da corrente denominada poesía da experiencia. É director do Instituto Cervantes desde 2018.

Mural de Luís García Montero,obra do pintor Benvi Grella.



Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luis García Montero naceu en Granada en 1958, fillo de Luis García López e Elisa Montero Pena. Cursou estudos no colexio dos Escolapios e máis tarde Filosofía e Letras na Universidade de Granada, onde foi alumno de Juan Carlos Rodríguez Gómez, teórico da literatura social. Licenciouse en 1980 e se doutorouse en 1985 cunha tese sobre Rafael Alberti, La norma y los estilos en la poesía de Rafael Alberti. Mantivo unha gran amizade co mencionado poeta do 27, e preparou a edición da súa Poesía Completa.

Comezou a traballar como profesor asociado na Universidade de Granada en 1981. Recibiu o Premio Adonáis en 1982 polo xardín estranxeiro. Realizou a súa memoria de licenciatura en 1984 sobre El teatro medieval. Polémica de una inexistencia.

Vinculouse ao grupo poético de "a outra sentimentalidade", corrente que na poesía española contemporánea toma o nome do seu primeiro libro en conxunto, publicado en 1983, e na que tamén participaron os poetas Javier Egea e Álvaro Salvador. A poética do grupo queda reflectida sobre todo nese breve libro e en menor medida no opúsculo Manifesto albertista (1982) de Luís García Montero e Javier Egea. A súa traxectoria persoal foise ampliando no que se foi coñecendo máis tarde como "poesía da experiencia".

Editou as Rimas de Gustavo Adolfo Bécquer, entre outros traballos teóricos. En 2002, foi elixido académico da Academia de Buenas Letras de Granada. Tamén cultivou o ensaio e é columnista de opinión. Entre os galardóns poéticos que obtivo destacan o Premio Federico García Lorca, o Premio Loewe, o Premio Adonáis de poesía e o Premio Nacional de Poesía co que foi galardoado en 1995, e o Premio Nacional da Crítica no 2003. No ano 2010 concedéuselle en México o Premio Poetas do Mundo Latino pola súa traxectoria.

Desde moi novo militou no PCE e desde a súa fundación en Esquerda Unida. Nas Eleccións europeas de 2004 presentouse na lista da mencionada coalición. De cara ás eleccións xerais de 2011 manifestou o seu apoio á candidatura de Esquerda Unida.[2] En outubro de 2012 anunciouse que pasaba a ocupar un cargo clave en Esquerda Aberta, un novo partido liderado por Gaspar Llamazares e Montse Muñoz que se integrou en Esquerda Unida.[3]

Para as eleccións de 2015, Esquerda Unida designoulle como o seu candidato para a presidencia da Comunidade de Madrid, pero a súa campaña fracasou e a formación perdeu os seus 13 deputados no parlamento autonómico.[4]

En marzo de 2016 estreouse no Festival de Cine Español de Málaga a película documental "Aunque tú no lo sepas. La poesía de Luis García Montero" (Por amor al arte produciones S.L., TVE e Canal Sur) de Charlie Arnaiz e Alberto Ortega. Trátase dun achegamento á súa vida e a súa obra a través dun elenco entre os que se atopan personalidades como Joaquín Sabina, Almudena Grandes, Joan Manuel Serrat, Àngels Barceló, Miguel Ríos, Quique González, Ismael Serrano, Juan Diego Botto, Nach ou os poetas Felipe Benítez Reyes e Benjamín Prado, entre outros moitos.

Desde 1994 comparte a súa vida coa escritora Almudena Grandes. Ten tres fillos.

Aprobado o 20 de xullo de 2018 polo Consello de Ministros o seu nomeamento como director do Instituto Cervantes, tomou posesión do cargo o 1 de agosto.[5][6]

Polémicas[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 2008 Luis García Montero foi condenado por un caso de inxurias contra José Antonio Fortes, profesor da Universidade de Granada.[7] O poeta granadino chamoulle perturbado nun artigo publicado en El País ao profesor Fortes, por opinar que a poesía lorquiana servira como caldo de cultivo ideolóxico para a poesía do fascismo.[8] Noutros escritos Fortes arremetera contra Francisco Ayala, Antonio Muñoz Molina, Joaquín Sabina, Gustavo Adolfo Bécquer e Rafael Alberti, como escritores fascistas ou vendidos ao capitalismo. O xuíz Miguel Ángel Torres Segura - xuíz entre outros do caso Malaya de corrupción urbanística-, condenou a Luis García Montero a pagar unha multa de 1800€ e outros 3000€ ao profesor Fortes por inxurias graves con publicidade. O poeta referiuse a Fortes como "parvo indecente", e "perturbado", e nunha reunión con outros membros do Departamento tachouno de "fillo de puta" e de "cabrón".[9][10] Aínda que agradeceu as numerosas mostras de solidariedade institucionais e persoais, García Montero anunciou pouco tempo despois a petición de excedencia do posto de catedrático que tiña na Universidade de Granada, na que ingresara como profesor en 1981.[11] Renuncia que fixo efectiva un ano despois porque atopaba o ambiente do Departamento universitario "irrespirable".

Outra polémica máis produciuse en 2012 cando o xurado do Premio de Poesía ‘Cidade de Burgos’, que presidía García Montero, foi criticado polos preseleccionadores de devandito premio por incluír a última hora no concurso dous poemarios que foran rexeitados no proceso de preselección, un dos cales resultou finalmente gañador. Esta polémica apareceu recollida en polo menos tres xornais españois. Así, o Diario de Burgos titulaba: "Unha polémica decisión do xurado cuestiona a limpeza do Premio "Cidade de Burgos"[12] (27-10-2012) mentres que El Correo de Burgos dicía "A polémica sérvese en verso" (27-10-2012).[13] Tamén recollía a noticia O Ideal de Granada, baixo o titular: "Polémica no premio 'Cidade de Burgos', outorgado ao poeta granadino Daniel Rodríguez Moya" (28-10-2012).[14]

Luis García Montero e Galicia[editar | editar a fonte]

En 2018 publicou en galego Dono do derradeiro minuto (Tulipa Editorial, 96 páxs. ISBN 978-8494947704). Foi unha idea de Antón Sobral, traducida por Isaac Xubín e presentada no Culturgal.[15]

Nos 150 anos de Cantares gallegos pronunciou unha conferencia sobre Rosalía de Castro no Instituto Cervantes.[16]

Obra[editar | editar a fonte]

A «poesía da experiencia» caracterízase pola tendencia xeral a diluír o eu máis persoal na experiencia colectiva, afastándose da individualidade estilística e temática dos novísimos autores anteriores; García Montero e o seu grupo, con todo, trataron de relacionarse coa tradición poética anterior acolléndose aos postulados de Luís Cernuda e Jaime Gil de Biedma e trataron de unir a estética de Antonio Machado e o pensamento da xeración do 50, así como o Surrealismo e as imaxes impactantes dos poetas do Barroco español ou de Juan Ramón Jiménez.

A característica máis destacable de Luís García Montero é o narrativismo histórico-biográfico dos seus poemas, dunha estrutura case teatral ou novelística cun personaxe ou protagonista que conta ou vive a súa historia a través da memoria, do recordo ou do desexo. A súa poesía caracterízase por unha linguaxe coloquial e pola reflexión a partir de acontecementos ou situacións cotiás.

Poemarios orixinais[editar | editar a fonte]

  • Y ahora ya eres dueño del Puente de Brooklyn (1980). Granada: Universidade (colección Zumaya) Premio Federico García Lorca.
  • Tristia, Melilla (1982). Rusadir. Con Álvaro Salvador
  • El jardín extranjero (1982). Madrid: Rialp. Premio Adonáis.
  • Rimado de ciudad (1982). Ayuntamiento de Granada.
  • Égloga de dos rascacielos (1984). Granada: Romper el Cerco. (2ª ed. Madrid: Hiperión, 1989).
  • En pie de paz (1985). Granada: Ediciones del Comité de Solidaridad con Centroamérica.
  • Seis poemas del mar (autógrafos) (1985). [Riotinto?] Pliegos de Mineral.
  • Diario cómplice (1987). Madrid: Hiperión.
  • Anuncios por palabras (1988). Málaga: Plaza de la Marina.
  • Poemas de Tristia (1982). Madrid: Hiperión.
  • Secreto de amistad (1990). Málaga: I. B. Sierra Bermeja.
  • Las flores del frío (1990). Madrid: Hiperión.
  • En otra edad (1992). Málaga: Librería Anticuaria El Guadalhorce.
  • Fotografías veladas de la lluvia (1993). Valladolid: El Gato Gris.
  • Habitaciones separadas (1994). Madrid: Visor. Premios Loewe e Nacional de Literatura.
  • Además (1994). Madrid: Hiperión.
  • Quedarse sin ciudad (1994). Palma de Mallorca: Monograma.
  • Completamente viernes (1998). Barcelona: Tusquets.
  • La intimidad de la serpiente (2003). Barcelona: Tusquets. Premio Nacional de la Crítica 2003.
  • Infancia (2006). Málaga: Colección Castillo del Inglés.
  • Vista cansada (2008). Madrid: Visor.
  • Canciones (2009). Edición de Juan Carlos Abril. Valencia: Pre-Textos.
  • Un invierno propio (2011). Madrid: Visor.
  • Habitaciones separadas, 20 años sí es algo (2014). Madrid: Visor.
  • Balada en la muerte de la poesía, (2016). Madrid: Visor.
  • A puerta cerrada (2017). Madrid: Visor.

Ensaios e coleccións de artigos (selección)[editar | editar a fonte]

  • La otra sentimentalidad, (1983). Con Javier Egea e Álvaro Salvador. Granada: Don Quijote.
  • La norma y los estilos en la poesía de Rafael Alberti (1920-1939) (1986). Granada: Servizo de Publicacións, Universidade de Granada.
  • Poesía, cuartel de invierno (1988). Madrid: Hiperión (2ª ed. Barcelona, Seix-Barral, 2002).
  • Confesiones poéticas (1993). Granada: Deputación Provincial.
  • La palabra de Ícaro (estudios literarios sobre García Lorca y Alberti) (1996). Granada: Servizo de Publicacións da Universidade de Granada.
  • Lecciones de poesía para niños inquietos (1999). Ilustracións de Juan Vida. Granada: Editorial Comares.
  • El sexto día: historia íntima de la poesía española, (2000). Madrid, Debate.
  • Gigante y extraño: las "Rimas" de Gustavo Adolfo Bécquer (2001). Barcelona, Tusquets.
  • Los dueños del vacío. La conciencia poética, entre la identidad y los vínculos (2006). Barcelona: Tusquets.
  • Inquietudes bárbaras, (2008). Barcelona: Anagrama.
  • Un lector llamado Federico García Lorca (2019). Madrid: Taurus.
  • Las palabras rotas (2019). Madrid: Alfaguara.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Luna en el sur (1992). Sevilla: Renacimiento. Libro de evocacións narrativas sobre a súa infancia.
  • Impares, fila 13 (1996). Con Felipe Benítez Reyes. Barcelona: Planeta.
  • La mudanza de Adán (2002). Madrid: Anaya. Conto xuvenil.
  • «Dedicatoria», en Las musas de Rorschach (2008). Logroño: Editorial Buscarini. Relato.
  • Mañana no será lo que Dios quiera (2009). Madrid: Alfaguara. Premio do Gremio de Libreiros ao Mellor libro de 2009: Sobre a vida do poeta Angel González, falecido en 2008.
  • Una forma de resistencia (2012). Madrid: Alfaguara.
  • No me cuentes tu vida (2012). Barcelona: Planeta. Reflexión a través de tres xeracións sobre a historia recente de España.
  • Alguien dice tu nombre (2013). Madrid: Alfaguara.

Froito do congreso dedicado á súa obra na Universidade Autónoma de Madrid en 2008 e con máis achegas doutros escritores e críticos, publicouse El romántico ilustrado. Imágenes de Luis García Montero, edición de Juan Carlos Abril e Xelo Candel Vila (Sevilla, Renacimiento, 2009).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Adonáis de Poesía, por El jardín extranjero. (1982)
  • Premio Loewe, por Habitaciones separadas. (1994)
  • Premio Nacional de Poesía, por Habitaciones separadas. (1995)
  • Medalla de Andalucía (2002).
  • Premio Nacional da Crítica, por La intimidad de la serpiente. (2003)
  • Premio Federico García Lorca (2008)
  • Premio Andalucía da Crítica, por Vista cansada. (2009)
  • Premio Poetas do Mundo Latino, pola súa traxectoria. (2010)
  • Fillo Predilecto de Andalucía (2017)
  • Premio Ramón López Velarde (2017)

Entrevistas e reportaxes sobre Luís García Montero[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Megustaleer-ALFAGUARA". www.megustaleer.com. Consultado o 2021-01-04. 
  2. "Ellos 'se mojan' y 'eligen IU' elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2021-01-04. 
  3. "García Montero y Berzosa ocupan cargos claves en Izquierda Abierta". www.publico.es. Consultado o 2021-01-04. 
  4. "Resultados Electorales de la Comunidad de Madrid". 
  5. EFE, Agencia (2018-07-20). "El Gobierno da a García Montero la "importante tarea" de dirigir el Cervantes". COPE (en castelán). Consultado o 2021-01-04. 
  6. "García Montero "sueña" con Centros Cervantes en Washington y Miami". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-01-04. 
  7. Hoy, Granada (2008-10-23). "García Montero afirma que sólo atacó a Fortes "como académico"". Granada Hoy (en castelán). Consultado o 2021-01-04. 
  8. Montero, Luis García (2006-10-13). "Lorca era un fascista". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-04. 
  9. "Cultura - Cuanto mejor se te oiga, más libertad de expresión tienes - ADN.es". web.archive.org. 2011-10-27. Archived from the original on 27 de outubro de 2011. Consultado o 2021-01-04. 
  10. "El escritor Luís García Montero abandona la Universidad tras su condena por injurias". www.publico.es. Consultado o 2021-01-04. 
  11. Cortés, Valme; Valverde, Fernando (2008-11-11). "Luis García Montero pone fin a su vida universitaria tras 27 años". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-04. 
  12. Burgos, Diario de (2012-10-27). "Una polémica decisión del jurado cuestiona la limpieza del Premio 'Ciudad de Burgos'". Diario de Burgos (en spanish). Consultado o 2021-01-04. 
  13. elcorreodeburgos. "El Correo de Burgos. Noticias de Burgos - El Correo de Burgos". elcorreodeburgos (en castelán). Consultado o 2021-01-04. 
  14. "Polémica en el premio 'Ciudad de Burgos', otorgado al poeta granadino Daniel Rodríguez Moya". Ideal (en castelán). 2012-10-28. Consultado o 2021-01-04. 
  15. Pontevedra, Diario de (2018-12-02). "García Montero: "Estoy encantado de poder leerme en gallego"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-04. 
  16. "Homenaje a Rosalía de Castro en el Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2021-01-04. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Manuel Bonet
Director do Instituto Cervantes

2018 - actualidad
Sucesor:
en el cargo