Morphine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeCambridge, Massachusetts, Estados Unidos
Período1989 - 1999
Xénero(s)rock alternativo, rock experimental, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Rykodisc, Dreamworks Records
Na rede
Facebook: morphinemusic MySpace: morphinetrio Spotify: 3QgSmABpItIdj908ek80n5 Musicbrainz: 42689657-cbec-4f66-a9ed-80f939ea23ed Songkick: 230982 Discogs: 256216 Allmusic: mn0000601430 Editar o valor em Wikidata

Morphine foi un grupo de rock alternativo formado por Mark Sandman e Dana Colley en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos, en 1989. Morphine combinaba na súa música elementos de blues e jazz con arranxos de rock máis tradicionais, o que proporcionaba á banda un son pouco común. Cando os xornalistas lles preguntaban os membros do grupo como describirían a súa música, eles empregaban o termo “low-rock”.

O seu primeiro álbum Good gravouno a compañía Rykodisc en 1991, proporcionando a Morphine unha audiencia non moi grande, mais moi fiel. Tras o seu primeiro disco, publicaron Cure for Pain en 1993, que os levou a se converteren nunha banda de culto, con cancións como Buena e Thursday. O disco foi tivo moita aceptación[Cómpre referencia] na comunidade de rock independente e a través dalgunhas radios estadounidenses de ámbito universitario. Aínda para Rykodisc, editarían Yes outro disco gravado en estudio en 1995, e B-sides and Otherwise, un disco en directo gravado en 1997.

Tras facer unha xira polos Estados Unidos, Europa, Xapón e Australasia, a banda cambiou de compañía, pasándose en 1996 a Dreamworks Records, gravando para eles Like Swimming, un álbum con moito éxito, aínda que non tanto como se esperaba.

O 3 de xullo de 1999, Sandman sufriu un ataque cardíaco no escenario de Giardini del Principe en Palestrina (nas proximidades de Roma) cando tiña 46 anos. O derradeiro álbum da banda, gravado antes da morte de Sandman, foi editado no ano 2000 e recibiu o nome de The Night.

Integrantes[editar | editar a fonte]

  • Mark Sandman - baixo de dúas cordas, voz, teclado, tritar, guitarra e piano
  • Dana Colley - saxo barítono, saxo tenor, saxo dobre, triángulo
  • Billy Conway - batería
  • Jerome Deupree - batería

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Good - 1992 (Accurate)
  • Cure for Pain - 1993
  • Yes - 1995
  • Like Swimming - 1997
  • B-sides and Otherwise - 1997
  • The Night - 2000
  • Bootleg Detroit - 2000
  • The Best of Morphine: 1992-1995 - 2003