Illas Anzhu
| Tipo | grupo de illas | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas de Nova Siberia | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | República de Sakha, Rusia | ||||
| |||||
| Bañado por | Océano Ártico | ||||
| Composto por | Illa Kotelni Khoptolokh (en) Posadny (en) Skryty (en) Tas-Ary (en) Usuk-Karga (en) Nanosny (en) Matar (en) Kotordyr (en) Illa Belkovsky Nova Siberia Bastyn-Tas (en) | ||||


As illas Anzhu (en ruso, острова Анжу) son un grupo de illas localizadas no Ártico Siberiano, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia. Este grupo de illas é un territorio practicamente deshabitado.
Administrativamente, as illas pertencen á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As illas están situadas entre o mar de Laptev e o mar de Siberia Oriental, na zona ártica de Rusia. A superficie total das illas é de aproximadamente uns 29.000 km².
As principais illas do grupo de Anzhu son (de oeste a leste):
- Illa Kotelni (Котельный), o conxunto formado polas illas Kotelny, Terra Bunge e Faddeyevsky, que con 23.165 km².
- Terra Bunge (Земля Бунге)
- Illa Faddeyevsky (Фаддеевский)
- Illa de Nova Siberia, con 6.201 km², a 9ª illa de Rusia.
- Illa de Belkov, de 535 km².
Historia
[editar | editar a fonte]As illas Anzhu levan o seu nome en honra do oficial naval e explorador ruso Pyotr Anzhu, que no transcurso dunha expedición ás costas siberianas dirixida por Ferdinand von Wrangel (1820-24) realizou o primeiro mapa das illas.
