Illa Maly Lyakhovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maly Lyakhovsky
Малый Ляховский
Siberia LittleLyakhovsky.PNG
localización da illa
New Siberian Islands map.png
Mapa do arquipélago
Situación
PaísRusia Rusia
RepúblicaRepública de Sakha
ArquipélagoIllas de Nova Siberia
MarEntre o Mar de Laptev e o Mar de Siberia Oriental, Océano Ártico
Coordenadas74°7′N 140°37′O / 74.117, -140.617Coordenadas: 74°7′N 140°37′O / 74.117, -140.617
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie976 km²
Longura máxima42 km.
Largura máxima28 km.
Perímetro124 km.
Punto máis alto43 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Illa Maly Lyakhovsky (ruso: Малый Ляховский) ou 'Pequena Lyakhovsky' é a segunda máis grande das illas de Lyakhovsky que pertence ao arquipélago de nova Siberia no mar de Laptev no norte de Rusia. Ten unha superficie de 976 km².

As illas Lyakhovsky son chamadas así na honra de Ivan Lyakhov, que as explorou en 1773.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A Pequena Liajovski está formada por turbiditas do Xurásico superior ao Cretáceo inferior, tamén coñecido como "flysch", cubertos por unha delgada lámina de sedimentos do Plioceno ao Plistoceno. Estas rochas mesozoicas son arenitas, argilitas, e guijarros deformados en sorprendentes plegamentos en dirección leste-nordés de ao redor de 7 a 20 km de largo. As rochas mesozoicas están cubertas por unha capa relativamente fina de sedimentos arenosos e arcillosos do Plioceno ao Plistoceno de orixe coluvial e aluvial. Preto da costa, os sedimentos aluviais van graduándose ata converterse en sedimentos mariños da costa próxima que conteñen moluscos mariños fósiles e leña lignitizada. Un groso permafrost caracterizado por anacos grandes de xeo macizo desenvolveu nestes sedimentos.[1][2][3]

Vexetación[editar | editar a fonte]

A criptógama tundra cuberta de herba cobre a illa Pequena Liajovski. É tundra que está formada sobre todo por herbas de crecemento moi lento, musgos, líquenes e hepáticas. Estas plantas cobren no seu maior parte ou completamente a superficie do terreo. Os chans son típicamente húmidos, de gran fino, e a miúdo con montecillos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fujita, K., y D.B. Cook, 1990, The Arctic continental margin of eastern Siberia, en A. Grantz, L. Johnson, y J. F. Sweeney, eds., pp. 289-304, The Arctic Ocean Region. Geology of North America, vol L, Geological Society of America, Boulder, Colorado.
  2. Kos’ko, M.K., y G.V. Trufanov, 2002, Middle Cretaceous to Eopleistocene Sequences on the New Siberian Islands: an approach to interpret offshore seismic. Arquivado 27 de maio de 2012 en Archive.is Marine and Petroleum Geology. vol. 19, no. 7, pp. 901–919.
  3. Kos’ko, M.K., B.G. Lopatin, y V.G. Ganelin, 1990, Major geological features of the islands of the East Siberian and Chukchi Seas and the Northern Coast of Chukotka. Marine Geology. vol. 93, pp. 349–367.
  4. CAVM Team, 2003, Circumpolar Arctic Vegetation Map. Scale 1:7,500,000. Conservation of Arctic Flora and Fauna (CAFF) Map No. 1. U.S. Fish and Wildlife Service, Anchorage, Alaska.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]