Saltar ao contido

Illas Shortland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Shortland
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
EpónimoJohn Shortland Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaOccidental, Illas Salomón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 6°55′S 155°53′L / -6.92, 155.88
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Composto por

As Illas Shortland son un grupo de illas pertencentes á Provincia Occidental das Illas Salomón. Nomeadas por John Shortland, atópanse no extremo noroeste do territorio do país, preto da illa de Bougainville, Papúa Nova Guinea. A illa máis grande é a Illa Shortland. Outras illas inclúen a Ovau, Pirumeri, Magusaiai, Fauro e Ballale (que foi ocupada polos xaponeses na segunda guerra mundial, e é o fogar de moitos avións abandonados na segunda guerra mundial).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

As illas Shortland son a "fronteira natural" entre o norte das Illas Salomón (en particular, as illas de Bougainville e Buka), que pertencen a Papúa Nova Guinea e as Illas Salomón sur, que pertencen á nación insular independente desde 1978 Illas Salomón.

As illas Shortland consisten de máis de 100 pequenas illas de orixe volcánica, que forman unha cadea de preto de 65 km de lonxitude. Planas na súa maioría, algunhas plantadas con árbore de coco teñen unha superficie total de 414 quilómetros cadrados.

Non todas as illas do arquipélago están habitadas. As dúas maiores illas habitadas son Alu no suroeste e Fauro no nordeste.

As Illas Shortland inclúen as seguintes illas (de suroeste a nordeste):

En 1986, as illas estaban habitadas por ao redor de 3.100 persoas, a maioría melanesioss.

As illas Shortland foron descubertas e nomeadas polo capitán da Royal Navy John Shortland para Europa en 1788. Ata o Tratado Samoa en Berlín o 14 de novembro de 1899 o Imperio Alemán reclamou as illas.

As illas Shortland foron ocupadas a principios de 1942 por tropas de xaponésas e as ocuparon ata o final de 1943 que foron liberadas polos aliados.

As illas son visitadas de cando en vez por naves de cruceiro. Un dos seus obxectivos é a illa de Pirumeri.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]