Saltar ao contido

Illa Tory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Tory
(ga) Toraigh Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Británicas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Donegal, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 55°15′52″N 8°13′19″O / 55.2644, -8.2219
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie3 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
1608 Siege of Tory Island (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A illa Tory (en irlandés: Oileán Toraigh) é unha illa irlandesa que se atopa a 12 quilómetros da costa noroeste do Condado de Donegal. A súa lonxitude é de máis ou menos 5 quilómetros e a súa amplitude de algo máis dun, e conta cunha poboación de preto de 170 habitantes distribuídos en 4 núcleos de poboación: East Town, West Town, Middletown e Newtown.

Na illa, o emprego da lingua irlandesa é moi frecuente e esta característica inclúea sen dúbida entre as zonas Gaeltacht máis importantes.

Desde os anos 1950, Tory converteuse nun lugar de reunión de artistas que foron formando alí unha pequena comunidade de galerías artísticas. Un dos artistas máis famosos é Patsy Dan Rodgers, que ostenta a posición de Rei de Tory. Este título é moi curioso, non lle atribúe ningún poder formal, e obviamente non é recoñecido polo goberno irlandés, pero é unha tradición cultural da illa e ten unha certa importancia social na pequena comunidade de Tory. O particular desta monarquía é que o soberano é elixido pola poboación.

Segundo o libro de historia apócrifo irlandés Lebor Gabála Érenn, Tory foi a sede da torre de Conand, fortaleza dos fomorianos, máis tarde derrotados polos nemedianos na gran batalla de Irlanda. Tamén se conta que o último rei fomoriano, Baaor do ollo diabólico, viviu alí. Balar encarceraría a Ethlinn nunha torre construída en Tor Mor, un illote enfronte de Tory.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]