Illa Simeulue
Simeulue | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Aceh |
Arquipélago | Illas maiores da Sonda |
Mar | Océano Índico |
Coordenadas | 2°35′N 96°05′L / 2.583, -96.083Coordenadas: 2°35′N 96°05′L / 2.583, -96.083 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Prisma de acreción |
Superficie | 2.310 km² |
Longura máxima | 100 km. |
Largura máxima | 30 km. |
Punto máis alto | 567 m. |
Demografía | |
Capital | Sinabang |
Poboación | 82.100 (censo 2007) |
Densidade | 35´5 hab./km² |
Simeulue é unha illa de Indonesia, a 150 km da costa oeste de Sumatra. A súa capital é Sinabang.
Simeulue foi unha vez unha parte da rexencia do oeste de Aceh pero separouse en 1999 e converteuse nunha Rexencia separada de Simeulue.
Demografía[editar | editar a fonte]
Desde o punto de vista étnico os habitantes de Simeulue son similares á xente da veciña illa Nias. Dúas linguas e unha serie de dialectos fálanse na illa: Devayan e Sigulai, que son diferentes das linguas faladas no norte de Sumatra. A maioría da poboación da illa é musulmá.
2004 terremoto no Océano Índico[editar | editar a fonte]
Simeulue estivo preto do epicentro do terremoto do 9 de decembro de 2004.
O 28 de marzo de 2005, un terremoto de magnitude 8´7 impactou co seu epicentro xusto á beira do extremo sur da illa.[1] Durante o terremoto, Simeulue levantouse polo menos 1´8 metros na costa occidental. Isto deixou a parte superior plana dos seus arrecifes de coral por encima da marea alta. Na costa leste, a terra mergullouse, coa auga de mar inundando campos e asentamentos.[2]
Sabedoría local[editar | editar a fonte]
Aínda que a illa de Simeulue estaba a só 60 quilómetros do epicentro, mentres que Banda Aceh estaba a uns 250 quilómetros, só morreron seis residentes mentres que os 70.000 restantes quedaron a salvo, debido á sabedoría local chamada smong, esta dicta que logo dun terremoto, se a marea retrocede repentinamente, a xente debe evacuar a un terreo máis alto tan axiña que como sexa posible.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gibbons, Helen (April 2005) "Second Tsunami Causes Damage in Indonesia—USGS Scientists Post Observations on the World Wide Web" United States Geological Survey". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ Saved by tsunami folklore, BBC News From Our Correspondent, 10 de marzo de 2007
- ↑ "Pulau Simeulue". 13 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Simeulue ![]() |