Illa Sentinela do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Sentinela do Norte
Imaxe satélite da illa en 2009.
Illa Sentinela do Norte
Situación
PaísIndia India
MarOcéano Índico
Coordenadas11°33′N 92°14′L / 11.550, -92.233Coordenadas: 11°33′N 92°14′L / 11.550, -92.233[1]
Xeografía
Superficie72 km²
Punto máis alto122m
Demografía
Poboación250 a 300[2]
Baía de Bengala, coas Illas Andaman ó sur de Myanmar.

A illa Sentinela do Norte (en inglés: North Sentinel Island) é unha das illas Andaman da Baía de Bengala. Ó norte da illa atópase Andaman do Sur.[3] A meirande parte da illa é bosque.[4] É pequena, arredada dos principais asentamentos da Gran Andaman, arrodeada por arrecifes de corais, e carece de portos naturais.

Un grupo de indíxenas, os sentineleses, viven nesta illa. Estímase que a súa poboación está entre os 50 e os 400 individuos.[3] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[5] A poboación enfróntase a ameazas potenciais como o contaxio de enfermidades infecciosas ás cales non teñen inmunidade, así como á violencia de intrusos. O goberno indio declarou a illa enteira, que ten o tamaño de Manhattan, e as augas que a rodean, como zona de exclusión.[6]

En novembro de 2018 foi asasinado un misioneiro estadounidense que se dirixía á illa coa intención de predicar o cristianismo entre os nativos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Geospatial-Intelligence Agency, ed. (2014). "The Andaman Islands and the Nicobar Islands § 9.8 North Sentinel Island". India and the Bay of Bengal (PDF) (8th ed.). Springfield, Virxinia. p. 266. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2022. 
  2. Bhaumik, Subir (5 de marzo de 2005). "Extinction threat for Andaman natives". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Weber, George. The Andamanese, ed. "Chapter 8: The Tribes; Part 6. The Sentineli". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  4. Weber, George. The Andamanese, ed. "Chapter 2: They Call it Home". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  5. Goodheart, Adam (outono de 2000). American Scholar, ed. "The Last Island of the Savages". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  6. number23 (8 de maio de 2015). "The Island Tribe Hostile To Outsiders Face Survival Threat". AnonHQ.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  7. "Un estadounidense es asesinado por aborígenes en Sentinel del Norte, la isla a la que India prohíbe entrar". El País (en castelán). 22 de novembro de 2018.