Saltar ao contido

Pobo sentinelés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo sentinelés
Imaxe
Distribución comparativa dos pobos andamaneses. Os sentineleses están destacados en vermello.
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Lingua
 Lingua materna
 Linguas faladas
Cifras e dimensións
 Poboación
500
50 (2011) censo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Illas Andaman15-500
Códigos e identificadores
Freebase/m/04tlr6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O pobo sentinelés[1] é un pobo indíxena das illas Andaman, na Baía de Bengala. Habitan na illa Sentinela do Norte. Os sentineleses son unha sociedade cazadora-recoletora que subsiste da caza, a pesca e a recolección de plantas. Non existen evidencias de prácticas agrícolas ou métodos de produción de lume.[2] A súa lingua permanece sen clasificar e non é mutuamente intelixible coa jarawa, os seus veciños máis achegados.[3] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entre últimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[4]

  1. García, Victoria (28 de novembro de 2018). GCiencia, ed. "Sentinel do Norte: un misterio científico e un dilema ético". Consultado o 28 de novembro de 2018.
  2. B. K. Roy, ed. (1990). Cartography for development of outlying states and islands of India: short papers submitted at NATMO Seminar, Calcutta, December 3–6, 1990. p. 203. OCLC 26542161.
  3. "Enumeration of Primitive Tribes in A&N Islands: A Challenge" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2018.
  4. Goodheart, Adam (outono de 2000). American Scholar, ed. "The Last Island of the Savages". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016.