Illa Mangareva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 23°6′34″S 134°57′57″O / -23.10944, -134.96583

Mangareva
Mangareva.JPG
Localización do grupo Acteón (número 1) nas Tuamotu.
Localización do grupo Acteón (número 1) nas Tuamotu
Situación
País Francia
Colectividade de ultramar Polinesia francesa
Arquipélago Illas Gambier
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 23°6′34″S 134°57′57″O / -23.10944, -134.96583
Xeografía
Superficie 15´4 km²
Longura máxima 8
Largura máxima 1´3
Punto máis alto 441 m. Monte Duff
Demografía
Capital Rikitea
Poboación 1239[1] (2012)

Mangareva é a illa principal do arquipélago das Gambier, na Polinesia francesa. Situado a 1.400 km ao sueste de Tahití. O nome Mangareva significa «montaña flotante». Foi descuberta en 1797, polo inglés James Wilson, que a chamou Peard.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mangareva é a illa máis grande das Gambier, cunha superficie total de 14 km², un 56% do total do arquipélago. Tamén ten o punto máis alto do grupo: o Monte Duff de 441 m, que leva o nome do barco de Wilson, e á beira está o Monte Mokoto de 423 m. A illa está rodeada por unha barreira de escollos de 64 km de circunferencia. Á beira da lagoa e ao pé do Monte Duff está a vila principal, Rikitea. A vexetación é abundante en flores, arbustos e froitos.

A poboación total, no censo do 2002, era de 1.097 habitantes. A principal actividade económica é o cultivo de perlas, coa apreciada perla negra. O dialecto polinesio que se fala está emparentado cos dialectos das illas Austrais e das illas Cook meridionais.

O aeroporto atópase no illote Totegegie, a 45 minutos en barca.

Historia[editar | editar a fonte]

Mangareva ten numerosos vestixios arqueolóxicos dos séculos XII ao XV. Preto de Rikitea atópanse a residencia real (Marau Tagaroa), a dos xefes relixiosos (Te Hau o te Vehi), a casa comunal (Are Apere), o templo principal ou marae (Te Kehika), e ata cinco maraes máis.

Contrariamente ás outras illas, onde os polinesios introduciron porcos, cans e galiñas, en Mangareva a poboación seguía un réxime vexetariano e de peixe, a poboación obtiña os recursos carentes na illa comerciando cos habitantes de Illas Pitcairn e as Illas Marquesas. Con todo Mangareva é unha illa cun ecosistema moi susceptible e a actividade humana provocou a súa rápida deforestación, ao non ter árbores a poboación non puido construír canoas e quedou illada, ao perder todos os recursos que obtiña das illas veciñas a calidade de vida caeu repentinamente e parece que ata houbo unha guerra civil e actos de canibalismo. Isto provocou indirectamente a desaparición da poboación en Pitcairn e Henderson.

En 1834 foi o lugar escollido pola Congregación do Sacro Corazón como base para establecer a primeira misión católica na Polinesia. Os pais Laval e Caret deixaron un patrimonio arquitectónico monumental:

  • Catedral de San Miguel, de 48 m de longo, 9 m de alto, e capacidade para 2.000 persoas.
  • Igrexa de San José, de 21 m.
  • Capela de San Miguel, no cemiterio de Rikitea.
  • Capela de Santa Ana.
  • Capela de San Pedro, coa tumba do rei bautizado Gregorio.
  • Convento de Santa Ágata.
  • Casas reitorais, conventos, camiños de procesión, arco do triunfo no palacio real, fornos de pan, cárcere...

Para máis información consultar o apartado correspondente ás illas Gambier.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française. Consultado o 5 de outubro de 2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]