Illa Guana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Guana, Illas Virxes Britanicas
Vista da illa
Guana Island, BVI.JPG
Datos
Capital
País Reino Unido
Localización Mar Caribe
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) Non Permanente
Superficie 3´4 km²
Densidade
Coordenadas 18°30′N 64°38′W / 18.500°N 64.633°W / 18.500; -64.633
Maior Altura 242 m. The Pyramid
Localización
Localización  da illa

Illa Guana (inglés Guana Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Mar Caribe pertencentes ao Reino Unido.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illa Guana está situada no Mar Caribe a 1 km ao norte da illa principal de Tórtola e uns 12 km ao nordés da Illa Norman no lado sur de Tortola.

A illa é de orixe volcánico e ten unha superficie de aproximadamente 3´4 km² e é a sétima illa máis grande do arquipélago. A altura máxima é The Pyramid cuns 242 m. de altitude.

A illa é totalmente de propiedade privada, non ten poboación permanente e ten un pequeno centro turístico (resort).

A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola tarda uns 10 minutos.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa Guana foi descuberta 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo.

O nome ven da forma da costa da illa que é similar a unha Iguana.

En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga.

En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

En 1934 Beth e Louis Bigelow de Massachusetts compraron Guana. Coa axuda dos homes da localidade construíron seis cabanas de pedra e desenvolveron unha reputación como pioneiros creativos. Os seus clientes, profesionais, intelectuais e viaxeiros do mundo acudiron por grandes periodos de tempo, atraídos pola vida simple pero rica.

En 1975 Henry e Gloria Jarecki compraron Guana e comezaron a mellorar os aloxamentos e outras instalacións co obxectivo de manter o estilo histórico da illa e o ambiente. O interese na conservación conduciunos a establecer un programa de restauración a longo prazo para protexer a flora e fauna da illa.

O turismo é a única fonte de ingresos da illa, da renda cando se vai a alugar e unha serie de persoas famosas teñen vacacións na illa.