Illa Charcot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charcot
Illa Charcot en Antártida
<div style="position: absolute; z-index: 2; top: Erro de expresión: Falta un operador para /.%; left: Erro de expresión: Falta un operador para *.%; height: 0; width: 0; margin: 0; padding: 0;">
Illa Charcot
Illa Charcot
Localización da illa
Ant-pen map Alexander.PNG
Mapa de situación da illa Charcot
Situación
PaísAntártida Antártida, reclamada por Flag of Chile.svg Chile e o Reino Unido Reino Unido
MarMar de Bellingshausen
Coordenadas69°45′S 75°15′O / -69.750, -75.250Coordenadas: 69°45′S 75°15′O / -69.750, -75.250
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie1.500 km²
Longura máxima56 km.
Largura máxima46 km.
Punto máis alto1.000 m. Monte Monique
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Charcot é unha illa administrada baixo o Sistema do Tratado Antártico ten 56 quilómetros de longo e 46 quilómetros de largo. Está cuberta de xeo agás nas prominentes montañas que dominan a costa norte. A illa Charcot atópase no mar de Bellingshausen, ao oeste da Illa Alexandre I, e ao redor de 57 km. ao norte da illa Latady. Un fito notable da illa é o seu punto máis setentrional, Cabo Byrd.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa de Charcot foi descuberta o 11 de xaneiro de 1910 pola expedición antártica francesa dirixida por Jean-Baptiste Charcot, quen, pola insistencia do seu equipo e a recomendación de Edwin S. Balch chamouna Terra de Charcot, coa intención declarada de honrar ao seu pai, Jean-Martin Charcot, un famoso médico francés.[1]. a nsularidade da Terra de Charcot demostrouna Sir Hubert Wilkins, que voou ao redor dela o 29 de decembro de 1929.

2009 Colapso da ponte de xeo[editar | editar a fonte]

A ponte de xeo que une a plataforma de xeo de Wilkins á costa antártica e a illa Charcot tiña 40 km. de longo, pero só 500 m. de largo no seu punto máis estreito en 1950 tiña 100 km.. Rompeuse en abril de 2009 cunha superficie de 20´1 por 2´4 km. A ponte de xeo colapsou rápidamente, converténdose en centos de icebergs.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, Lewis (6 de abril de 2009). "Breakaway ice shelf will reshape map of Antarctica". London: Times Online. Consultado o 6 de abril de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]