Saltar ao contido

Ildefonso Díez de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIldefonso Díez de Rivera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1777 Editar o valor en Wikidata
Granada Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1846 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Valencia Editar o valor en Wikidata
Ministro de Estado de España
17 de xuño de 1842 – 9 de maio de 1843
 Antonio González y GonzálezManuel María de Aguilar (pt) Traducir 
Presidente do Senado de España
5 de marzo de 1841 – 31 de maio de 1842
 José María Moscoso de AltamiraÁlvaro Gómez Becerra 
Senador do Reino
28 de febreiro de 1838 – decembro de 1843
Circunscrición electoral: Granada (en) Traducir
Ministro da Guerra
27 de febreiro de 1837 – 29 de setembro de 1837
 Francisco Javier Rodríguez Vera (en) TraducirBaldomero Espartero 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
26 de outubro de 1836 – 4 de novembro de 1837
Circunscrición electoral: Granada
Ministro de Estado de España
27 de abril de 1836 – 15 de maio de 1836
 Juan Álvarez MendizábalFrancisco Javier de Istúriz 
Ministro da Guerra
27 de setembro de 1835 – 27 de abril de 1836
 Mariano Quirós Brihuega (en) TraducirJosé Ramón Rodil 
Presidente do Congreso dos Deputados
29 de xullo de 1834 – 29 de maio de 1835
 Antonio de Posada Rubín de CelisFrancisco Javier de Istúriz 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
29 de xullo de 1834 – 23 de maio de 1836
Circunscrición electoral: Valencia
Captain General of Mallorca (en) Traducir
21 de outubro de 1823 – 5 de novembro de 1823
 Antonio de Zea y Zafra (en) TraducirJosé Taberner y Franca 
Capitán Xeneral de Valencia
marzo de 1820 – 15 de xullo de 1822
 Francisco Javier de Elío (pt) TraducirAntonio Garcés de Marcilla y Llorens (en) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, político, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Participou no conflitoGuerra da Independencia Española Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloQ16145669 Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosIldefonso Díez de Rivera y Valeriola Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6488837 Arquivo Histórico de Deputados: 31730

Ildefonso Díez de Rivera y Muro, nado en Granada o 24 de xaneiro de 1777 e finado en Valencia o 26 de xaneiro de 1846[1], foi un militar e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Antonio Díez de Rivera y Fonseca, señor de San Jorge de Calesa, e de Francisca de Paula Muro y Salazar, filla de Pedro Salvador de Muro y Alonso,  I marqués de Someruelos, e de Teresa Josefa de Salazar y Morales.

Carreira Militar

[editar | editar a fonte]

Entrou moi novo na escola de artillaría e ao remata-los estudos[2] incorporouse como oficial de artillaría na guerra que España sostiña, como aliada de Francia contra Gran Bretaña, e especialmente na Guerra da Independencia española, destacándose na batalla de Trafalgar e no asedio de Olivenza. Ao remata-la guerra era tenente coronel e en 1815 foi nomeado comandante militar do distrito de Valencia.

Entre 1814 e 1820 foi membro da Loxa Masónica Valenciana.

Participación política

[editar | editar a fonte]

En 1817 foi capturado por orde do xeneral Francisco Javier de Elío e encarcerado na prisión da Inquisición[2] por participar xunto con Beltrán de Lis no fracasado pronunciamento de Vidal, mais a raíz do pronunciamento de Rafael del Riego en 1820 foi liberado polo pobo[2] e, posteriormente, nomeado capitán xeneral de Valencia.

Cando o 1823 o duque de Angulema dirixiu a expedición dos Cen Mil Fillos de San Luís que penetraron en España e restaurou o absolutismo no país, pediúselle que entregar a cidade de Valencia ao que se negou até recibir ordes reais. Ao recibilas entregou a praza e, en previsión de posibles represalias, marchou ao exilio en Bélxica, onde permaneceu ata 1834[2].

Ao seu regreso a España foi nomeado mariscal de campo e foi elixido deputado por Valencia nas eleccións posteriores á proclamación do Estatuto Real de 1834 e, de novo, nas de 1836[1]. Tamén o foi en 1836 por Granada. En 1837, 1841 e 1842, foi senador por Granada e ostentou a presidencia do Senado entre 1841 e 1842[3]. Foi dúas veces ministro de Guerra e dúas máis de Estado nos gabinetes dos presidentes Juan Álvarez Mendizábal e José María Calatrava.

Retirouse da política en 1843 trala caída de Baldomero Espartero, do que foi amigo persoal.

Polo seu matrimonio con Pascuala Valeriola Ortiz de Almodóvar, recibiu o título nobiliario de conde de Almodóvar, cun importante patrimonio en Callosa de Segura, Orihuela, Alacant e Murcia.

  1. 1 2 "Ficha no Congreso". congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 03-09-2018. Consultado o 9-12-2017.
  2. 1 2 3 4 de Paula Mellado (e outros), Francisco (1846). Diccionario universal de Historia y de Geografía. Vol. I (Aaal-Bue). Madrid: Editor: Francisco de Paula Mellado. pp. 113–114.
  3. "Expediente personal del senador Conde de Almodovar, D. Ildefonso Díez de Rivera y Muro, por la provincia de Granada". senado.es. Consultado o 9-12-2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]