Saltar ao contido

Igón, A Ribeira, Cervantes

Igón
ParroquiaA Ribeira
ConcelloCervantes
Coordenadas42°54′54″N 7°03′26″O / 42.915036917509, -7.0571684725648
Poboación5 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Igón é un lugar da parroquia da Ribeira no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o IGE[1], en 2013 tiña cinco habitantes (tres homes e dúas mulleres). Compóñeno tres casas: casa da Castañeira, casa de Mourádigo e casa da Casoa.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A orixe do topónimo da aldea de Igón puido ser villa Iconi, nome xermánico dun posible fundador chamado Ico ou Igo. Nun documento que provén do mosteiro de Penamaior, en Becerreá, o nome da aldea aparece escrito como Ygon no 1309 e noutro do mosteiro de Carracedo do Bierzo como Eygon no 1384.

Tendo en conta o anterior, a antigüidade da aldea de Igón poderíase situar entre os séculos V e VII, durante o reinado suevo ou visigodo. O engadido do H en Higón é moi posterior e sen base etimolóxica, sendo probablemente castelanizado confundido por Higo (Figo).[2][3]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Ribeira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Ribeira no concello de Cervantes (Lugo)

Cabana | Drada | Igón | Orbán | Padornelo | San Martín | Seimeira | Souto | Tarnas | Valgos | Vilartatín

Parroquias de Cervantes

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervantes

Ambasvías (Santalla) | Castelo (San Pedro) | O Castro (Santa María) | Cereixedo (Santiago) | Donís (San Fiz) | Dorna (Santa María) | Lamas (San Xiao) | O Mosteiro (San Xoán) | Noceda (San Pedro) | O Pando (Santa María) | Quindous (San Xusto) | A Ribeira (San Martín) | San Pedro de Cervantes (San Pedro) | San Román de Cervantes (San Román) | San Tomé de Cancelada (San Tomé) | Vilapún (Santa Comba) | Vilaquinte (San Breixo) | Vilarello (Santa María) | Vilasante (Santiago) | Vilaspasantes (San Xoán) | Vilaver (San Xusto)

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  2. "Arqueoloxia dos Ancares". Arqueoloxia dos Ancares. 
  3. "Igón Cervantes". Igón Cervantes. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]