Igrexa de Santa María do Rosario de San Sadurniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°31′57″N 08°04′22″O / 43.53250, -8.07278

Igrexa de Santa María do Rosario.

A Igrexa de Santa María do Rosario é un templo do século XVIII, actual igrexa parroquial de San Sadurniño. Fisicamente áchase unida ás dependencias da Casa do concello, antigo Convento do Rosario, ao que pertenceu ata 1835.

Edificouse sobre un templo medieval anterior que xa fora reformado por Fernando de Andrade en 1508. Da construción orixinal só conserva a ábsida con bóveda nervada, e o arco de acceso ao presbiterio sobre columnas con capiteis ornamentados con temática diversa. A planta dunha soa nave, é de cruz latina.

No interior están os sepulcros con estatuas xacentes dos dous primeiros señores de San Sadurniño, Fernando de Andrade e Xoán Freire de Andrade, así como o da muller do primeiro, Inés de Castro.

Na fachada destacan os pináculos laterais rematados en bólas, e a ornamentación barroca en placas coroada polo campanario con cúpula. No adro hai un cruceiro con ornamentación vexetal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ed. Deputación da Coruña. D.L. C 3300-2009.