Threskiornis solitarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Threskiornis solitarius
Ibis da Reunión
Ibis sagrado da Reunión
Solitario da Reunión
Restauración de 1854 de Hermann Schlegel, en base nas descriciónes contemporáneas «dunha ave ibis», como unha cegoña.
Restauración de 1854 de Hermann Schlegel, en base nas descriciónes contemporáneas «dunha ave ibis», como unha cegoña.
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pelecaniformes
Familia: Threskiornithidae
Subfamilia: Threskiornithinae
Xénero: Threskiornis
Especie: T. solitarius
(Sélys, 1848)
No círculo, antiga área de dispersión

No círculo, antiga área de dispersión
Sinonimia
  • Véxase o texto
Recreación hipotética

Threskiornis solitarius, coñecida vulgarmente como ibis da Reunión, ibis sagrado da Reunión ou solitario da Reunión, é unha especie de ave da orde dos pelecaniformes, da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos, unha das seis integradas no xénero Threskiornis, endémica da illa da Reunión, que se extenguiu a comezos do século XVIII.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1848 polo político liberal, entomólogo, ornitólogo e mastozoólogo belga Edmond de Sélys Longchamps.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especieds coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Apterornis solitarius Sélys, 1848
  • Raphus solitarius Sélys, 1848
  • Didus apterornis (Schlegel, 1854)
  • Pezophaps borbonica Bonaparte, 1854
  • Ornithaptera borbonica (Bonaparte, 1854)
  • Apterornis solitaria (Milne-Edwards, 1869)
  • Didus borbonica (Schlegel, 1873)
  • Didus borbonicus (Schlegel, 1875)
  • Ornithaptera solitarius (Hachisuka, 1953)
  • Victoriornis imperialis Hachisuka, 1937
  • Borbonibis latipes Mourer & Moutou, 1987

Características[editar | editar a fonte]

Vellos escritos describen que tiña unha plumaxe de cor branca, coas puntas das ás e a cola negras. Unha mandíbula superior fósil mostraba que o peteiro era máis curto e máis recto que o dos ibis. Con todo, parecíase moito a un pequeno ibis sagrado, pero cosa ás e o peteiro curtos.

Este ibis medía uns 70 cm de lonxitude. morfoloxicamente estaba moi preto do ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus), coa excepción, como quedou dito, do peteiro, máis curto e máis recto; e o diámetro da pata era maior. A súa masa estímase en aproximadamente 3 kg.[2]

As ás non estaban atrofiadas, pero a configuración dos ósos mostra que esta ave voaba pouco ou mal.

Historia[editar | editar a fonte]

Talvez sexa unha ave descuberta polos navegantes portugueses en 1613.

Até 1995 supoñíase que era un parente do dodo (Raphus cucullatus), e se clasificou, por tanto, na subfamilia dos rafinos (Raphinae) —clado considerado xeralmente como unha subfamilia dos colúmbidos— de aves non voadoras extintas, chamadas antigamente didinos (Didini),[3] que habitaron nas illas Mascareñas de Mauricio e Rodrigues, e se lle deu o nome de Raphus solitarius.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Threskiornis solitarius na Lista vermella da UICN. Versión 2019.2. Consultada o 9 de outubro de 2019.
  2. Mourer-Chauviré, Cécile et al. (2000): "Le Solitaire de la Réunion", en Bull. SEOR n°5-6 p.14-18.
  3. Este nome provén dun nome científico hoxe obsoleto do dodo, Didus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]