Iago Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIago Fernández

Iago Fernández sexteto tocando no Filloa Jazz en abril de 2014. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpercusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Bandcamp: iagofernandez Discogs: 5301722 Editar o valor em Wikidata

Iago Fernández, nado en Cangas en 1987, é un batería e compositor de jazz establecido en Suíza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do músico cangués Moncho Fernández[1], comezou a estudar Matemáticas en Santiago de Compostela[2]; estudou percusión clásica no conservatorio profesional de Cangas[1] e jazz no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra[1][3] (2002-2006). Co grupo Mr. Chacho quedou finalista no Concurso Internacional do Festival de Getxo (2007)[4].

En 2011 graduouse no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene), na especialidade de batería de jazz: alí, en Donostia, recibiu clases de Jorge Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein, entre outros.

Foi membro do cuarteto de Jesús Santandreu (2007-2010), co que gravou un disco e que lle abriu contactos no mundo do jazz de Valencia, Madrid e Lisboa. Co saxofonista catalán tocado en varios dos festivais e ciclos de jazz máis importantes da Península Ibérica (Barcelona, Vigo, Madrid, San Sebastián, Lisboa, Braga..), e ocasionalmente tamén noutras partes do mundo (Ecuador, Alemaña e outros países).

Como músico de acompañamento tamén colaborou con Avishai Cohen[2] (na súa xira europea de 2013[3]), Omer Avital[2], Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jesse van Ruller, Steve Nelson[5], Demian Cabaud, Jeff Williams[2] ou Andrzej Olejniczak, entre outros.

A partir de 2008 combinou a súa traxectoria como líder de grupo coa participación estable en distintas formacións, coma o trío de Xan Campos, o sexteto de Virxilio Da Silva, o quinteto de Wilfried Wilde e mais o quinteto do guitarrista lisboeta André Fernandes (tamén con Perico Sambeat).

O seu primeiro disco como líder foi Agromando[6] (Free Code, 2011). En 2013 asumiu a coorganización do Canjazz, o Festival de jazz de Cangas, a canda Xan Campos, collendo a testemuña do tamén músico cangués Luis Carballo. Estivo á fronte da codirección do festival cangués un lustro.

Á fronte do Iago Fernández Quintet, con André Fernandes, Demian Cabaud, Xan Campos e mais Zé Pedro Coelho, nese tempo tamén produciu dous álbums, Acougo (Free Code, 2015) e Brisa (Fresh Sound, 2016). Con Brisa obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría de jazz e improvisación na súa edición de 2017.

Ademais, nese tempo tamén gravou cinco álbums co trío de Xan Campos entre 2007 e 2020, e acumulou máis dunha ducia de rexistros como instrumentista noutros conxuntos. Ao longo da súa carreira gravou en máis de 40 álbums[7].

En 2018 marchou a estudar a Basilea (Suíza), na Jazz Campus[2], onde vive dende aquela. Alí, despois de atravesar unha crise persoal[5], compuxo ao longo de tres anos o seu cuarto álbum, Luzada, dinalmente publicado en 2022. En Luzada incluíu dous poemas da súa autoría, en lingua galega, e interpretadas pola vocalista polaco-xaponesa Yumi Ito[5], coa que tamén colabora noutros proxectos[8]. Ademais de tocar a batería, en Luzada tamén interpreta nos teclados[9].

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Santos, J. (2011-11-25). "Iago Fernández, jazz de Cangas con denominación de origen". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-02-05. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Leyenda, Alberto. "Iago Fernández, la felicidad tiene ritmo de jazz". Más - Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-05. 
  3. 3,0 3,1 Lourido, Anxo. "Iago Fernández, un batería do Seminario Permanente de Jazz que marca o ritmo do mellor trompetista do mundo". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-02-05. 
  4. "Iago Fernández Quintet - Artistas de Cervezas 1906". Cervezas 1906 (en castelán). Consultado o 2023-02-05. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Iago Fernández: Luzada". distritojazz.com (en castelán). 2022. Consultado o 2023-02-05. 
  6. Ortega, I. "Iago Fernández inicia su carrera de líder con Agromando". distritojazz.com (en castelán). Consultado o 2023-02-05. 
  7. "Bio". iagofernandezz.com (en inglés). Consultado o 2023-02-05. 
  8. "concertos". iagofernandezz.com (en inglés). Consultado o 2023-02-05. 
  9. "Iago Fernández - Luzada". Blue Sounds (en inglés). Consultado o 2023-02-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]