Iago
Iago[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xácome, Xaime, Santiago e Xacobe.[2]
En xaneiro de 2023 existían 5.427 varóns en Galicia co nome Iago, cunha media de idade de 21,1 anos.[3]
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome Iago xurdiu tamén do latino Iacobus por caída da terminación -bus, entendida coma unha desinencia de dativo/ablativo plural, cando en verdade non o era, e así pasou ao galego, portugués, leonés e castelán. Malia a súa actual popularidade como nome galego non o foi tal no pasado, como nas épocas medievais e modernas, onde só atopamos Jacome (no galego actual sería Xácome).
Iago é tamén a versión do nome en lingua galesa; algúns reis galeses medievais chamáronse Iago, como Iago ap Beli.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ímoslle chamar..." (PDF). Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Iago". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Iago na Web do Instituto Galego de Estatística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iago ![]() |