Saltar ao contido

Iámblico (novelista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIámblico
Biografía
NacementoSiria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade165 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 180 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Traducir
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Iámblico (Ἰάμβλιχος Iámblikhos) foi un novelista da Antiga Grecia nado en Siria e que viviu durante o século II.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu antes do ano 115 e atopábase en activo con posterioridade ao ano 165, dado que menciona nos seus escritos a Sohemo, un rei de Armenia reposto polos romanos[1]. Por tanto a súa novela Babiloníacas débese datar no último terzo do século II. O argumento e estrutura desta obra coñécense a través da Biblioteca de Focio[2].

Argumento das Babiloníacas

[editar | editar a fonte]

A acción desenvólvese en Mesopotamia, antes do dominio dos persas. O eixo da acción é o desexo de Garmos, rei de Babilonia que quedou viúvo, de posuír a Sinonis, esposa de Ródanes. Sinonis non accede aos desexos do rei e este manda encadear e crucificar a Ródanes, pero Sinonis sálvao e ambos foxen. Son perseguidos polos eunucos do rei, Sacas e Damas.

Aparece un ladrón antropófago, así como pantasmas, dáse importancia á maxia e sucédense unha serie de persecucións, asasinatos e confusións[3][4].

  1. Albin Lesky, Historia de la literatura griega p. 889. Madrid: Gredos 1976, ISBN 84-249-3132-7
  2. Focio, Biblioteca, códice 94.
  3. Albin Lesky, Historia de la literatura griega p. 897.
  4. Carlos García Gual, Los orígenes de la novela, p.261, Madrid: Istmo (1972), ISBN 84-7090-192-3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • W. Röllig: Iamblichos (3). In: Der Kleine Pauly (KlP). Band 2, Stuttgart 1967, Sp. 1307.