Hylaeochampsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hylaeochampsa
Rango fósil: Cretáceo temperán
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Familia: Hylaeochampsidae
Xénero: † Hylaeochampsa
Owen, 1874
Especie tipo
Hylaeochampsa vectiana''
Owen, 1874

Hylaeochampsa é un xénero extinto de crocodilomorfos eusuquios. Só se coñece por un cranio parcial atopado en rochas de idade barremiana do Cretáceo inferior da Formación Vectis (Grupo Wealden) da illa de Wight. Este cranio, denominado BMNH R 177, curto e ancho, cun padal de tipo eusuquio, infírese que tiña dentes grandes na parte posterior que estaban adaptados a esmagar e crebar. Hylaochampsa foi descrito por Richard Owen en 1874, e a especie tipo denominouse H. vectiana. Pode ser do mesmo xénero que o fósil lixeiramente máis antigo Heterosuchus, que se cre tiña un similar grao evolutivo, pero non hai material solapado, xa que de Heterosuchus só se coñecen unhas vértebras. Se os dous resultasen ser sinónimos, Hylaeochampsa tería prioridade porque é o nome máis antigo. Hylaeochampsa é o xénero tipo da familia Hylaeochampsidae, que tamén inclúe o xénero Iharkutosuchus do Cretáceo tardío de Hungría. James Clark e Mark Norell situárono como un grupo irmán de Crocodylia.[1] Hylaeochampsa é actualmente o eusuquio máis antigo coñecido.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clark, James M.; Norell, Mark A. (1992). "The Early Cretaceous crocodylomorph Hylaeochampsa vectiana from the Wealden of the Isle of Wight" (pdf). American Museum Novitates 3032. 
  2. Brochu, Christopher A. (2003). "Phylogenetic approaches toward crocodylian history". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 31: 357–397. doi:10.1146/annurev.earth.31.100901.141308. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.