Humphrey Slater
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Humphrey Slater | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Lugar de nacemento | Carlisle |
Falecemento | 1958 |
Nacionalidade | Reino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | xornalista, guionista e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Humphrey Richard "Hugh" Slater[1] nado en 1906 e finado en 1958, foi un pintor e autor británico.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Criouse en Suráfrica e asistiu á Slade School of Art a mediados dos anos 1920. Como pintor chegou a exhibir un cadro abstracto na galería de Lucy Wertheim en Londres. O pintor William Coldstream considerouno como "un pintor moi dotado e pouco común".
Na década de 1930 comezou a involucrarse na política antinazi e afiliouse ó Partido Comunista. En 1936 participou na guerra civil española como Xefe de operacións para as Brigadas Internacionais.
En 1940, de volta a Inglaterra axudou a Tom Wintringham a configurar o centro de Osterley Park, formación que ensinaba a loita de guerrillas e a guerrilla urbana á Garda Nacional británica. Posteriormente foi recrutado no exército regular.
Entre 1945 e 1947 foi editor da revista Polemic. Por outra banda, o filme Conspirator protagonizado por Elizabeth Taylor e Robert Taylor, está baseado na súa novela The Conspirator.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- 1941: Home Guard for Victory! (1941)
- 1946: The Heretics (1946)
- 1948: The Conspirator (1948)
- 1955: Who rules Russia? (1955)
- 1958: The Channel Tunnel (1958)