Hotel Nacional de Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hotel Nacional de Cuba
Hotel Nacional de Cuba, dende o Malecón
Coordenadas23°08′35″N 82°22′50″O / 23.143056, -82.380556Coordenadas: 23°08′35″N 82°22′50″O / 23.143056, -82.380556
editar datos en Wikidata ]

O Hotel Nacional de Cuba é un dos hoteis máis emblemático da Habana, famoso pola súa distinción, polo seu luxo, e polos servizos de primeira clase que ofrece. Foi inaugurado o 30 de decembro de 1930 nun saínte costeiro da Punta Brava. En 1946 acolleu a Conferencia da Habana entre líderes mafiosos italianos e norteamericanos. Persoeiros do cine, da música e da literatura como Ernest Hemingway, Buster Keaton, Marlon Brando, Errol Flynn, Jorge Negrete ou Johnny Weissmüller aloxáronse no hotel nos seus primeiros anos. Mais adiante tivo clientes tan salientables como Winston Churchill ou Alexander Fleming.

O edificio ten 8 andares, 16 suites e 457 habitacións. É Monumento Nacional de Cuba, e foi declarado Memoria do Mundo pola Unesco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]