Conferencia da Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Conferencia da Habana foi un histórico encontro da mafia estadounidense e líderes da Cosa Nostra celebrado en 1946 na Habana (Cuba).

Historia[editar | editar a fonte]

O encontro celebrouse durante a semana do 22 de decembro de 1946 no Hotel Nacional de Cuba. A conferencia, supostamente organizada por Charles "Lucky" Luciano, tivo lugar para discutir asuntos políticos, normas de actuación e intereses de negocio. A ela acudiron delegacións representando as familias do crime de todos os Estados Unidos. Considérase a esta conferencia como o encontro máis importante dende a conferencia de Atlantic City (Nova Jersey) de 1929.