Hitsat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hitsat
TipoTecnolóxico
OrganizaciónInstituto de Tecnoloxía de Hokkaido
Data de lanzamento22 de setembro de 2006, 21:36 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-5[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][6]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas, satélite con emisións radioaficionadas.[2][6]
Decaemento18 de xuño de 2008[1]
NSSDC ID2006-041F
Masa2,7 kg[2][5][6]

'Hitsat (acrónimo de Hokkaido Institute of Technology Satellite), denominado tamén como HIT-SAT, foi un satélite artificial do Instituto de Tecnoloxía de Hokkaido lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o observatorio solar Hinode.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Hitsat foi un nanosatélite de tan só 2,7 kg de masa destinado a probar novas tecnoloxías e a servir como estación de radioficionado. Tiña forma de cubo de 12 cm e lado e levaba un transmisor de 100 mW de potencia co que emitía en 437,275 MHz e 437,425 MHz, recibindo ordes desde terra en 145,980 MHz. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada polas células solares que recubrían o seu exterior e que alimentaban unha batería de ións de litio.[2][5]

Hitsat foi inxectado nunha órbita inicial de 667 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 94 minutos. Reentrou na atmosfera o 18 de xuño de 2008.[1][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HITSAT" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de marzo de 2013). "HITSat" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (07-82185): 6. 11 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de maio de 2013. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "HIT-SAT" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HITSAT 1 (Camatai)" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Hitsat" (en inglés). Consultado o 16 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]