Saltar ao contido

Centro Espacial de Uchinoura

Centro Espacial de Uchinoura
Kimotsuki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
内之浦宇宙空間観測所 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Uchinoura (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
febreiro de 1962 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
9 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
Kimotsuki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/052yqt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Centro Espacial de Uchinoura, antes denominado como Centro Espacial de Kagoshima, é un centro de lanzamento de foguetes do Xapón situado na prefectura de Kagoshima, ao sur do arquipélago xaponés.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

O centro espacial foi establecido en 1962 en Uchinoura, agora pertencente á cidade de Kimotsuki, na prefectura de Kagoshima. Orixinalmente era parte do Instituto de Ciencia Industrial da Universidade de Tokio, despois de que as instalacións equivalentes, en Iwaki (prefectura de Akita), pecharan. En 1964 o centro espacial pasou a ser parte do ISAS (Institute of Space and Aeronautical Science) e en 1981 converteuse nunha instalación de investigación independente, aínda que asociado ao ISAS. O seu nome cambiou de Centro Espacial de Kagoshima a Centro Espacial de Uchinoura ao formarse a JAXA (Japan Aerospace Exploration Agency). Desde o centro lánzanse tanto foguetes sonda como satélites, facendo tamén labores de seguimento e recolección de datos.[1]

  1. 1 2 Mark Wade (2020). "Kagoshima" (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]