Historia de Shenzhen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Aínda que o seu nome aparece xa en tempos da dinastía Ming, en 1410, Shenzhen non foi máis que unha pequena vila pesqueira ata 1979 [1]. Nese ano, as autoridades chinesas escolleron a súa situación privilexiada ao norte de Hong Kong, para iniciar unha apertura do país os investimentos estranxeiros a través das chamadas Zonas Económicas Especiais, das que Shenzhen sería o primeiro exemplo [2].

Enclavada xusto no van do ferrocarril, que dende Hong Kong vai cara ao norte, sobre o río que fai de fronteira cos Novos Territorios, o homónimo río Shenzhen, o distrito xa construído era o da estación (dende 1911), Luohu [3].

En 1980 iniciáronse as obras da cidade moderna [4]. Unha primeira extensión do distrito de Luohu (Primeiro Plan Mestre, 1982) faise pronto insuficiente [5][6].

A partir de 1986, un Segundo Plan Mestre ordena a expansión da cidade cara ao oeste (distrito de Futian), onde hoxe se planifica o centro dos negocios da actual metrópole [7][8][9][10].

E novamente, no ano 2000 aprobouse o Terceiro Plan Mestre, co desenvolvemento de toda a faixa costeira e o interior dos límites municipais, xa coas infraestruturas dunha gran urbe: porto en Nantou (Nanshan), aeroporto, autoestradas, metro conectado co de Hong Kong.[11][12].

O crecemento ten sido tan abraiante que non hai precedentes na historia moderna, acuñando o termo "velocidade de Shenzhen" (duns miles de habitantes a máis de dez millóns en trinta anos). Pero aínda continúa e os estudosos pregúntanse se resultará sostible. A máis estase comezando a falar dunha posible integración entre Shenzhen e Hong Kong que competiría coas metrópoles globais do planeta (Nova York, Londres, París, Toquio). E sen esquecer o contexto do Delta do Río das Perlas, coa contigüidade polo norte de Dongguan (máis de seis millóns de habitantes) e Cantón, que pon no futuro unha das megalópoles punteiras (a fábrica do mundo neste tempo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. [2][Ligazón morta]
  3. [3]
  4. [4]
  5. [5]
  6. [6]
  7. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xullo de 2009. 
  8. [7]
  9. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 02 de xullo de 2009. 
  10. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 07 de setembro de 2011. 
  11. [8]
  12. [9]