Nicasio Taxonera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicasio Taxonera
Falecementoabril de 1911
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneditor e político
editar datos en Wikidata ]

Nicasio Taxonera, finado en Ferrol en abril de 1911[1], foi un impresor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Historia de Galicia de José Verea, imprentada por Nicasio Taxonera.

Foi o seu pai Nicasio Taxonera Marzal, un importante empresario ferrolán en posesión dunha imprenta desde, cando menos, o 1837. Desta imprenta saíu no 1838 a Historia de Galicia de José Verea y Aguiar e a edición do primeiros periódicos locais de ideoloxía provincialista: El Águila (1845) e El Ferrolano (1846).

Finado o seu pai no 1854, continuou Nicasio Taxonera fillo cos seus negocios, editando na imprenta familiar os xornais El Eco Ferrolano (1854-1855, 1864-1869), El Pensamiento de Galicia (1865-1866) e El Diario Ferrolano (1867-1869). Da imprenta dos Taxonera sairon tamén os sete volumes da Historia de Galicia de Benito Vicetto (1865-1873) e os Estudios sobre la época céltica en Galicia de Leandro de Saralegui.[2]

Foi elixido deputado provincial en 1877[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 13-4-1911, p. 1.
  2. Martínez González, Xurxo (2019). Semblanza de Nicasio Taxonera Marzal (Ferrol, ¿? 1854). cervantes virtual. 
  3. El Diario de Santiago, 9-3-1877, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]