Hippolyte Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hippolyte Lucas.

Pierre Hippolyte Lucas, coñecido como Hippolyte Lucas, nado en París o 17 de xaneiro de 1814 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1899, foi un entomólogo francés.

Era irmán de Prosper Lucas (1808-1885), médico, cuxos traballos no campo da herdanza biolóxica foron amplamente consultados no século XIX, especialmente o seu Traité philosophique et physiologique de l'hérédité naturelle (París, 1850).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi naturalista axudante e despois asistente no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Foi membro da Société entomologique de France.

De 1839 a 1842 participou na comisión científica para a exploración de Alxeria ocupándose, como naturalista, do estudo da fauna entomolóxica deste país.

Publicou traballos sobre os arácnidos de Canarias (1838), Creta (1853), Brasil (1857) e Cuba (1857).

Describiu numerosos taxons, especialmente de insectos e arácnidos, entre eles a familia dos Thelyphonidae.[1]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Histoire naturelle des lépidoptères exotiques. Ouvrage orné de 200 figures peintes d'après nature par Pauquet et gravées sur acier. Paris, Pauquet, Bibliothèque Zoologique, 1835
  • Histoire naturelle des animaux articulés. Exploration scientifique de l'Algérie, pendant les années 1840, 1841 et 1842 ... Paris, Imprimerie Nationale (1844-1849). Publicado en 25 vols, con 122 finas planchas grabadas
  • Con Marc Athanase Parfait Œillet Des Murs. Observations sor un nouveau genre d'Alouette de l'Afrique septentrionale, et sur quefques espèces d'Oiseaux déjà connus. En: Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée 3, 1851, pp. 24–33 online
  • "Description de nouvelles Espèces de Lépidoptères appartenant aux Collections entomologiques du Musée de Paris". Revue Mag. Zool (2) 4 (3): 128-141 (1852) 4 (4): 189-198 (1852) 4 (6): 290-300 (1852) 4 (7): 324-343 (1852) 4 (9): 422-432, pl. 10 (1852) 5 (7): 310-322 (1853)
  • "Animaux nouveaux ou rares, recuillis pendant l'expédition dans les parties centrales de l'Amérique du Sud, de Río de Janeiro a Lima et de Lima au Pará; executée par ordre du gouvernement français pendant les années 1843 a 1847 sous la direction du François Louis de la Porte, comte de Castelnau". Entomologie Voy. Cast 3: 197-199, pl. 1-2 (Lepidoptera) [1859]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Lucas emprégase para recoñecer a Hyppolyte Lucas como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]